SANTIAGO. O alcalde de Cervo e portavoz do PP na Fegamp, Alfonso Villares, denunciou este venres a “estratexia premeditada” do presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, de acosar aos concellos lucenses con Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES), mediante o atraso no abono das cantidades que corresponden á institución provicial.
Segundo detallou, “están a dar escusas falsas para atrasar o pago dos anticipos correspondentes ao ano 2013, diñeiro que teñen que adiantar os concellos”. Villares lembrou que, no modelo dos GES asinado en xaneiro do pasado ano, o financiamento das emerxencias repártese entre Xunta (60%), deputacións (20%) e os concellos onde se establecen as bases dos grupos (20%).
Os concellos afectados son os de Folgoso do Courel, Quiroga e Guitiriz, que aínda manteñen retido o anticipo de 2013 mentres a Deputación “examina unha documentación que lles esixiu hai un mes, baixo ameaza de que se non a presentaban, perderían o diñeiro que lles corresponde por convenio”.
A Deputación alega que estes informes e xustificantes esixidos en abril son como consecuencia de supostas anomalías nos procesos de selección de persoal nestes tres concellos. “Pero estas anomalías foron rexeitadas até en tres ocasiones pola comisión de seguimento dos GES, onde están representadas todas as deputacións, os concellos e as consellerías da Xunta”, explica Villares, “houbo unha votación e determinouse que de existir algunha, non eran suficientes como para negarse a cumprir coas obrigas económicas do convenio”.
Ao seu xuízo, todo enmárcase “nunha persecución política aos concellos da provincia onde goberna o PP, unha discriminación continua desde a Deputación que agora ten como obxectivo os GES pero para a que a Besteiro lle vale calquera motivo”.
O alcalde de Cervo lamentou que a de Lugo sexa “a única Deputación na que o convenio do GES atopa obstáculos e dificultades”, xa que “no resto de provincias, os alcaldes de toda cor política reciben as transferencias que lles corresponden de Xunta e deputacións sen que haxa este acoso e estas ameazas”.
Para Villares, “o preocupante non é en si a asfixia financeira a que se somete a concellos pequenos con recursos moi limitados”, senón “que se pon en risco un servizo básico como é a cobertura de emerxencias nunha zona de enorme dispersión como é a montaña lucense”. E todo iso, “de maneira irresponsable”, unha actitude que reprochou directamente ao presidente da Deputación, Gómez Besteiro.
Por último, Alfonso Villares criticou que “algúns entendan as deputacións só para beneficiar aos concellos do seu partido e perseguir aos do contrario”, unha actitude que “concorda pouco co discurso de transparencia e novos tempos que Besteiro tenta vender”.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



