Burela, 13 de maio de 2014. A xunta de goberno aprobou hoxe o modelo de convenio que rexerá para as subvencións nominativas a conceder polo Concello durante este 2014. A partida que se destina para este fin é de 123.000 euros, segundo lembrou este mediodía o alcalde, José Mª González Barcia.
O rexedor explicou que “na xunta de goberno, celebrada hoxe pola mañá, aprobamos o modelo de convenio que rexerá para que os colectivos e asociacións que recibirán subvencións nominativas durante o presente exercicio de 2014 poidan subscribir dito convenio e proceder á xustificación da subvención”.
González Barcia dixo que “a intención que temos é que os convenios estean definitivamente redactados para a vindeira semana e pasaríamos a convocar ás distintas asociacións e colectivos para que asinen os convenios co Concello e a partires dese momento poderían xa xustificar as subvencións. Deste xeito algúns colectivos, aqueles que teñan feito actividades durante este ano, poderían xustificar a subvención antes do verán”.
O alcalde burelés subliñou que “o importe total da cantidade concedida en subvencións nominativas é de 123.000 euros, e quero facer unha mención e é que co goberno bipartito non había subvencións nominativas para os colectivos de Burela. Só había 3 subvencións nominativas por un importe de 50.000 euros, agora o importe é de 123.000 euros, é dicir máis do dobre do que tiña o bipartito, pero cunha diferenza, agora practicamente todos os colectivos poden ter acceso ás subvencións nominativas do Concello de Burela”.
O desglose da partida de 123.000 euros é o seguinte: 5.700 euros para axudas de carácter social, 2.000 euros para asociacións de inmigrantes, 4.000 euros para educación, 39.000 euros para festas tradicionais, 12.200 para asociacións e colectivos culturais, 11.100 euros para asociacións e clubes deportivos, 36.000 euros para apoio ao comercio e á promoción turística a través do deportes, 1.000 euros para promoción do turismo mariñeiro e 12.000 euros para a Fundación Expomar.
Concentración
Este martes houbo unha concentración e gardouse un minuto de silencio na praza do Concello, en Burela, en repulsa polo asasinato da presidenta da Deputación de León, Isabel Carrasco. No acto participaron veciños, políticos locais e persoal municipal.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



