O xoves 8 de maio, das 19.00 ás 21.00 horas están programadas unhas charlas coloquio para dar a coñecer a UNED, en Viveiro. Ofrecidas polo director e a secretaria do centro asociado de Lugo, José Luís Prieto e Ana Belén Traseira, respectivamente, achegarán información sobre os Estudios Oficiais do Espacio Europeo de Educación Superior, a formación permanente, idiomas, acceso á Universidade, cursos para maiores de 55 anos, cursos de verán e becas e outras axudas. A primeira hora dirixirase ós departamentos de orientación dos institutos; mentres que a segunda a ANPAS ou outras persoas interesadas. Coa mesma finalidade, ese mesmo día celebrarase unha xornada de portas abertas dirixida a todas aquelas persoas interesadas en coñecer as instalacións e metodoloxía da UNED entre as 10.00 e as 12.00 horas e as 16.00 e as 21.00 horas.
Coñecer a UNED
Coñecer a UNED
Relacionado
-
A Gastropraza volverá este mércores ao Mercado de Abastos de Ribadeo
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura