Os delegados sindicais e os traballadores das empresas do Grupo Bidueiros volveron á rúa este luns 5 de maio para reclamar os seus dereitos como traballadores, tal e como adiantaban o pasado 30 de abril.
“A negativa da Dirección da empresa a sentarse a negociar un novo pacto de empresa xa que o existente está caducado, os impedimentos que pon a empresa para suministrar os Equipos de Protección Individual (EPIS) os traballadores e as deficiencias nos vestiarios, duchas e comedores son os motivos que levaron ós traballadores deste Grupo de empresas a iniciar mobilizacións o pasado día 30 de abril cunha marcha na estrada de acceso a Alcoa, que hoxe mesmo se repetiu, coa convocatoria dun paro dunha hora entre as oito e as nove da mañá, có correspondente custe de esa hora de parada para os traballadores”.
“A día de hoxe a Dirección da empresa non se dirixiu ós representantes dos traballadores para abordar estas reclamacións, e incluso a Dirección da empresa non respectando o dereito a manifestación e folga recollido na Constitución lle negou a entrada ós seus postos de traballo a un grupo de traballadores sen dar ningunha explicación razoable para isto. Esta actitude por parte da Dirección da empresa mostra ben ás claras o talante ditatorial, chulesco e prepotente que aplica cos traballadores e os seus representantes, e non fai máis que empeorar a situación que leva camiño, por culpa da actitude da Dirección da empresa, de empeorar debido á falla de diálogo que a Dirección da empresa está a amosar”.
“Os traballadores van a darlle un prazo razoable á Dirección da empresa para que abra unha mesa de negociación onde se aborden as reclamacións dos traballadores. En caso de que a Dirección da empresa non teña a ben sentarse a negociar estas reclamacións, as medidas de presión por parte dos traballadores irán incrementándose tanto pola mobilización na rúa, como en reclamacións xudiciais derivadas das prácticas da Dirección da empresa”.
“Ós Delgados de Persoal parécenos impresentable que se lle tente retirar o dereito ó traballo ós traballadores que lexitimamente están a reclamar unhas condicións de traballo dignas”.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



