Barreiros, 4 de maio de 2014. O BNG de Barreiros volverá a levar ao pleno municipal os verquidos que se producen na praia de Arealonga, procedentes do regato que desemboca no areal. “Nestes días o aspecto que presenta o regato e a súa desembocadura na praia de Reinante é de total insalubridade e demostra que, ao contrario das excusas do Alcalde, o problema non é de incapacidade puntual da depuradora por un incremento de habitantes nos meses do verán, senón que a depuradora de Reinante non está cumprindo coa súa función”, explican desde o BNG.
“O problema ante o que estamos é o total desinterese do goberno municipal por buscar unha solución, xa que ante as denuncias do BNG, primeiro intentan desacreditalas e despois, minten deliberadamente sobre a causa dos verquidos”, sinala a portavoz municipal Ana Ermida. “Tras as reiteradas denuncias dos últimos anos, temos preguntado en pleno por esta cuestión obtendo evasivas como resposta e sen que se tente unha solución.”
Desde a formación frontista recordan que “este é un problema de salubridade, en primeiro lugar, xa que o areal ademais de soportar continuos cheiros que, en boa lóxica, se notan máis no verán; pode verse infectada por bacterias fecais. Pero ademais, non podemos obviar que este areal está comprendido no LIC Rede Natura 2000 de As Catedrais, polo que se podería estar ante un delito ecolóxico.”
Os nacionalistas lamentan que “a única promoción do litoral que fai o Partido Popular sexa investir en cemento, mentras as parroquias viven estes problemas sen que se invista un só euro para solucionalos.” Desde o BNG insisten en que a política de promoción turística de Barreiros aposta por un modelo esgotado e que non se adapta nen á realidade nen á necesidade do concello, polo que instan ao goberno municipal a modificar as súas actuacións e preocuparse polas necesidades das veciñas e dos veciños. “Cos cartos que o Partido Popular gasta en arranxar paseos marítimos, debería atender en primeiro lugar ás necesidades das parroquias. Porque podemos ter paseos marítimos moi arranxados, pero con praias cheas de augas sen depurar, non existe promoción turística que serva de nada”, conclúen os nacionalistas.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



