Ribadeo, 13 de maio de 2014. O salón de plenos do Concello acolleu este luns á noite a presentación do IX Torneo Internacional Vila de Ribadeo de Fútbol Veterano, que traerá á vila a 42 equipos chegados desde Bélxica, Portugal, Inglaterra, Brasil, Asturias, Madrid, Castela-León, Canarias, Cantabria e Galicia. En total serán arredor de 1.000 persoas as que enchan os hoteis de Ribadeo os días 23, 24 e 25 de maio. O evento suporá, en palabras do alcalde, Fernando Suárez, e do concelleiro de Deportes, Vicente Castro, unha grande promoción turística para Ribadeo e para esta zona. De feito os participantes visitarán algúns puntos de interese como a praia das Catedrais.
O rexedor sinalou que “os días 23, 24 e 25 deste mes pode haber vinculado ao fútbol en Ribadeo da orde de mil persoas. Iso é moito para o deporte, para o hostalería, para os hoteis, xa que todos os hoteis de Ribadeo que quixeron participar están ocupados por toda esta xente e incluso houbo que ir a concellos próximos, como Foz ou San Tirso, porque non collían todos aquí. Isto vai ser unha riqueza moi importante para todo este sector servizos durante estes días”.
Suárez Barcia tivo palabras de agradecemento para Concellos veciños “porque todas as infraestruturas deportivas que vos poden ser útiles están ocupadas por vós pero ademais non chegan e houbo que ir a Tapia, a Vegadeo e a Barreiros. É dicir que convertedes a Ribadeo nun punto comarcal moi potente durante eses días”.
O concelleiro de Deportes fixo mención “a unhas novidades que este ano vai ter o torneo: vamos facer no Concello unha recepción aos equipos estranxeiros que chegan o venres, ímoslles facer unha visita turística guiada para que sexa un referente de promoción da costa ribadense e, como non hai mellor publicidade para o turismo que o boca a boca e o exemplo témolo na praia das Catedrais, entendemos que estamos facendo unha gran campaña turística ao mesmo tempo”.
Castro indicou que “no aspecto deportivo e de instalacións este ano aparte das que se utilizan doutros concellos podo asegurar que as de Ribadeo, os dous campos que se utilizan (o de Outeiro, na Devesa, e o Pepe Barrera) van atoparse nun estado bastante mellor que o ano anterior, cando xa era bastante aceptable, pero agora, polos traballos feitos en ambas as dúas instalacións e tamén porque nos acompañou o tempo, van presentar un aspecto practicamente impecable”.
No acto de presentación, que tivo lugar onte á noite, participou tamén o presidente de ACISA, Roberto Ramos, que declarou que “desde la Asociación de Comerciantes lo único que puedo decir a la Asociación Deportiva Veteranos es gracias, porque realmente os convertís en un gran turoperador que junta aquí a más de mil personas y, aparte del beneficio directo que consiguen nuestros establecimientos de hostelería y comercio con las ventas que se puedan conseguir esos días, este torneo se convierte en un escaparate y al final mil personas se llevan el conocimiento de Ribadeo, de su entorno, de su patrimonio y de todo lo que podemos ofrecer a los turistas y a la gente que nos visita. Entonces desde la Asociación de Comerciantes no podemos más que agradeceros el esfuerzo que realizáis durante todo el año para organizar este torneo y, como los años anteriores, os hemos apoyado y os apoyaremos”. Ramos agarda que “salga todo estupendamente, como todos los años, y muchas gracias por convertir a Ribadeo en un escaparate gracias a este torneo”.
Pola súa banda o presidente do Ribadeo FC, Víctor López, deulle os parabéns á Asociación de Veteranos por organizar esta nova edición do torneo internacional de veteranos e como presidente do Ribadeo FC alégrome moito de que haxa colaboración e nos vaiamos entendendo. Para este torneo o que estea dentro das nosas posibilidades aí estará o Ribadeo FC con toda a colaboración”. E o presidente da entidade organizadora, Moncho Fernández Reinante, agradeceu “a todos os colaboradores que participan neste evento, máis internacional que nunca, por todo o que representa para o pobo, para o nome de Ribadeo e sobre todo para toda a infraestrutura que ten en canto a hostalería, cafeterías e todo en xeral”.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



