Ribadeo, 2 de maio de 2014. Os días 9 e 10 de maio desenvolveranse en Ribadeo as VII Xornadas de Abordaxe Integral da Violencia de Xénero no Ámbito Local. Nesta edición analizaranse as Resistencias que impiden avanzar no combate contra a violencia machista.
A concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, subliñou que “levamos sete anos facendo estas xornadas. Non son moi habituais e cada vez son menos as actividades que se organizan en torno a esta temática en todo o noso país. Desde a Concellaría de Igualdade e desde o Concello de Ribadeo sempre fixemos unha aposta forte por mantelas, posto que consideramos que é algo fundamental que debemos transmitir e sobre todo facer visible esta problemática que existe”.
A edil nacionalista dixo que “estas xornadas xorden da mesa institucional da violencia de xénero, onde están implicados aqueles sectores e ámbitos desde unha perspectiva integral nós consideramos que teñen que unir as súas forzas e os seus recursos para tratar de paliar esta lacra social, que como ben sabemos e como se viu nestes últimos tempos tamén se ceba coa nosa comarca. Tres mulleres foron asasinadas nun espazo moi curto de tempo nesta zona e este é un motivo suficiente para que poñamos enriba da mesa esta xornada e para desde as institucións nos unamos todos e saquemos este tema á luz”.
Para Mariluz Álvarez Lastra “é o momento de analizar qué medios, qué cousas, qué esforzos ou qué plantexamentos públicos e políticos se están a facer, que son os axeitados, que hai que apostar por eles, que hai redefinilos, que hai que tirar para adiante e que hai que investir nese capital humano e nese capital económico que nos axude a paliar esta pandemia que existe. E desde logo que nos serva para analizar qué é o que está faiando, qué temos que mudar e cales son os obxectivos dos esforzos nos que temos que incidir para, cando menos, aminorar todo o que está a ocorrer”.
A concelleira de Igualdade indicou que “nas xornadas analizaremos desde distintas perspectivas, desde distintos sectores, desde distintos ámbitos qué é o que está a pasar, qué é o que evidencia que non vaiamos cara atrás e tamén que cada pouco tempo exista un asasinato, exista unha muller vítima da violencia de xénero”.
A avogada do CIM, Luisa González, foi a encargada de presentar o programa das VII Xornadas de Abordaxe Integral da Violencia de Xénero no Ámbito Local nas que se abordarán cuestións coma o papel que xogan os medios de comunicación ao abordar esta problemática, as respostas sociais diante da violencia machista, as prácticas coeducativas a desenvolver desde os centros educativos, o mito amor paixón e a relación coa violencia de xénero e a violencia de xénero na comunidade inmigrante.
As xornadas darán comezo o 9 de maio no Teatro, en Ribadeo, coa inauguración a cargo do alcalde, Fernando Suárez, e a concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra. E sábado, 10 de maio, rematárase cunha performance sobre a violencia de xénero que terá lugar na praza 8 de marzo ás 17.30 horas. Está organizado por colectivos sociais como son o Observatorio da Mariña pola Igualdade, o Grupo de Teatro de Ribadeo e o Grupo de Teatro de Ollomao. É un acto aberto ao público en xeral, a toda a cidadanía.
Ata 8 de maio estará aberta a inscrición nas VII Xornadas de Abordaxe Integral da Violencia de Xénero no Ámbito Local “para participar durante estes dous días nas xornadas e ter dereito a un certificado emitido polo Concello. A inscrición é de balde”. Luisa González e Mariluz Álvarez Lastra incidiron en que calquera persoa que o desexe, aínda que non estea inscrita, pode acudir ás conferencias.
No acto de presentación, que tivo lugar esta mañá salón de plenos do Concello, tamén participou Marta Fojo, que é a orientadora do CIFP Porta da Auga, de Ribadeo.























Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



