Ribadeo, 9 de maio de 2014. Ribadeo e A Mariña están presentes dende este venres na feira Expovaciones, que se celebra en Bilbao. Os visitantes que acudan a esta cita ata o domingo poderán coñecer as excelencias da comarca, do seu comercio e da súa hostalería da man de A Mariña Federación, que agrupa á maior parte das asociacións de comerciantes da comarca, entre elas ACISA de Ribadeo.
No acto de inauguración, celebrado este venres ó mediodía, participaron o presidente de ACISA, Roberto Ramos, e o presidente de A Mariña Federación, Ramón Leivas, tamén vocal da asociación ribadense.
No stand de A Mariña Federación os visitantes poderán encontrar información sobre a riqueza paisaxística e monumental da comarca, ademais de datos sobre establecementos hoteleiros e sobre o comercio mariñán. Unha azafata e as xerentes do Centro Comercial Aberto de Ribadeo e do Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro serán as encargadas de promocionar A Mariña en Bilbao ó longo dos vindeiros días.
Para ACISA esta é a segunda vez na que acude a Expovacaciones en Bilbao. Este ano faino dentro de A Mariña Federación e na pasada edición acudiu xunto ó Concello de Ribadeo.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



