Burela, 22 de maio de 2014.- Satisfacción do equipo de goberno burelés tras a concesión por parte da Xunta de Galicia de cinco cursos de formación para desempregados. O alcalde, José Mª González Barcia, e o concelleiro de Emprego, José Casas, destacaron “o compromiso da Xunta con Burela” e sinalaron que “son actividades que poden ter saída no mercado laboral”.
O rexedor indicou que “concédennos 5 cursos: un é de atención socio sanitaria a persoas dependentes, cun total de 418 horas; outro é de promoción turística local e información ao visitante, con 708 horas; un terceiro é de xestión integrada de recursos humanos, con 808 horas; o cuarto é de dinamización de actividades de tempo libre educativo, con 328 horas; e o quinto é de operacións auxiliares de servizos administrativos, con 448 horas de carga lectiva. O número de persoas que poden asistir a cada curso é de 15, co cal vamos formar a 75 desempregados”.
González Barcia dixo que “o presuposto total dos cinco cursos é de 247.347 euros. Está subvencionado ao cen por cen pola Xunta de Galicia e os cursos van empezar en breve; de feito xa comezamos cos trámites administrativos, xa se xeraron partidas orzamentarias a raíz da recibir a comunicación da Xunta e ademais dos 75 desempregados que van asistir vainos permitir crear con carácter temporal 9 postos de traballos adicionais, que son de auxiliares administrativos e docentes”.
O alcalde burelés subliñou que “estamos satisfeitos porque a Xunta atendeu o cen por cen das peticións que lle formuláramos, porque nos dan os cinco cursos que pedíramos”.
Pola súa banda o concelleiro de Emprego, José Casas, manifestou que “os cursos van comezar en breve, prevemos que empecen na primeira quincena do mes de xuño porque teñen que estar rematados o día 30 de novembro do presente ano. Vanse impartir nas novas instalacións do Centro de Formació0n Ocupacional, que están no parque de Tíjola, locais que visitou hoxe a delegada territorial da Xunta na provincia de Lugo, Raquel Arias”. E engadiu. “alí hai catro aulas, aparte das dependencias administrativas, polo que teñen máis capacidade que as anteriores instalacións do centro, que se cambiou de local para cumprir cos criterios de homologación que se piden actualmente para a concesión e realización destes cursos. Estamos moi satisfeitos dos cursos que se van impartir, porque son sobre actividades que poden ter saída no mercado laboral”.
A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, mantivo hoxe unha reunión co persoal do centro de formación de Burela, no que se centra a actividade da programación de Accións Formativas para Desempregados (AFD) do municipio e da súa contorna. Arias estivo acompañada polo rexedor e polos concelleiros de Servizos Sociais e de Emprego.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



