Nestas eleccións europeas, entidades conservacionistas de todo o Estado pedimos á cidadanía que non vote a partidos que defenden a morte do lobo ibérico.
“Se o matas, non che voto”, é o lema desta campaña asinada por asociacións que denuncian os xeitos de xestión da poboación de lobos que aplican as administracións públicas
Diversas entidades conservacionistas uníronse na sinatura dun manifiesto que pretende concienciar á cidadanía sobre o voto nas próximas eleccións do 25 de maio. As asociacións queren que o voto das eleccións europeas no vaia para partidos políticos que non defeden a protección total do lobo ibérico. Propoñen tamén a mudanza dos avatares nas redes sociais para que, até o mesmo domingo, difundir o emblema desta campaña.
O Manifesto di así:
As entidades conservacionistas asinantes estamos en contra da forma de xestión que teñen as administracións a respeito do lobo ibérico.
En pleno século XXI, ignóranse todas as publicacións científicas sobre a xestión de grandes depredadores e a súa importancia para o mantemento dos ecosistemas, e tan só téñense en conta factores eleitoralistas de certos sectores para a conservación do lobo ibérico, baseando todas as súas políticas en controis poboacionais, poñendo en gran risco a supervivencia desta especie autóctona e de especial interés europeo.
Por iso, solicitamos a toda a cidadanía que até o vindeiro día 25 de maio de 2014, data das próximas eleccións europeas, difundan este logo como protesta fronte a ese modelo de xestión das administracións públicas, amosando con iso que os sectores da caza e da gandería non son os únicos sectores con “voto” nas eleccións.
Suscreben as seguintes asociacións:
ASOCIACIÓN PARA LA CONSERVACIÓN Y ESTUDIO DEL LOBO IBÉRICO – ASCEL
ECOLOGISTAS EN ACCIÓN
ASOCIACIÓN PARA LA DEFENSA JURÍDICA DEL MEDIO AMBIENTE – ULEX
GRUPO LOBO DE EUSKADI / EUSKADIKO OTSO TALDEA
ACENVA. ASOCIACIÓN PARA LA CONSERVACIÓN Y ESTUDIO DE LA NATURALEZA DE VALLADOLID
ACOPO. ASOCIACIÓN COORDINADORA PROTECTORAS PONTEVEDRA
COORDINADORA ECOLOXISTA D’ASTURIES
OBSERVATORIO JUSTICIA Y DEFENSA ANIMAL
ADEGA – ASOCIACIÓN PARA A DEFENSA ECOLÓXICA DE GALIZA
SOS LOBO ASTUR
COA. COORDINADORA ORNITOLÓXICA D’ASTURIES
ANADEL. ASOCIACIÓN NACIONAL ANIMALES CON DERECHOS Y LIBERTAD
LOBO MARLEY. CIUDADANOS POR EL LOBO Y EL MUNDO RURAL

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



