AVV O Tesón.- Está en exposición o Peprich. Unha exposición así, en internet, que inclúe ata a rotonda do instituto, mesmo a zona verde de titularidade pública DE-X-08, incluída nos 1.033 m2 de superficie, de carácter público, situada nas beirarrúas da Virxe do Camiño (Plano de localización: Coordenadas UTM ETRS 89 29N X: Y: 657636 657636, Plano III.02.2 K1)… permite facer un recoñecemento de zonas concretas como a indicada. Por suposto, da tamén lugar a situacións curiosas, como que un pico do parque que da á rotonda quede fóra do Peprich.
Quizáis sexa mellor enfocalo doutro xeito: Paseando do centro de Ribadeo cara ó oeste, deixamos atrás San Roque, e, na Virxe do Camiño, o verde comeza a expandirse no Xardín. O Xardín de Sela, en referenza á casona que alí hai. Aí se fixo o ‘Parque de indianos’, coa súa fonte das rás e o resto, en parte ocupando o terreo con algo que xa é matoxo, en parte con retrete libre dos cans…
Ó norte da zona, o xardín ábrese moito máis lentamente, pero chega a unha extensión de herba. Aí, no extremo, na parte máis ancha, había unha terraza. Abandoouse, e agora estase a repoñer. Pero parece que cambiaron as condicións: de chan de madeira sobre a herba estase a pasar a unha construción con base de formigón enferrado que non ten que envidiar ás dunha casa, ben chantada en terreo municipal. Fíxose un foxo, ben dispostiño e logo encheuse con vigas de ferro e botouse o formigón, sobresaíndo do nivel da herba do arredor.
A terraza é de supoñer que quede chula e apetecible para tomar algo nela, nestes momentos non se ve cal pode ser o acabado. Pero, que normativa, que control permete meter unha base así no medio dun xardín que era público, municipal, de todos? Consérvase así o público? Máis ben o que parece é algo menos de xardín, algo menos de público.
Estamos equivocados? Alguén pode explicalo?
AVV O Tesón


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



