A Escola Deportiva Burela FS celebrou a súa habitual Gala de Clausura este xoves 19, no Auditorio do Concello de Burela, a partir das 19.00 horas.
Durante o acto, no que estiveron presentes o presidente, Manuel Blanco, e o vicepresidente, José Luis Sáez do CD Burela FS Pescados Rubén; ademáis dos coordinadores da base laranxa, Alfonso Mera e Christian Gómez, proxectáronse fotografías da tempada e recoñeceuse o esforzo e labor de todos/as os integrantes da base laranxa cun obsequio recordo da presente campaña.
As xoias laranxas seguirán adestrando para preparar a súa cita co Torneo da Fundación Imdecum “Memorial Rodrigo Maseda Lozano” que se disputa o 4, 5 e 6 de xullo en Burela, Cervo, Xove e Foz.