Burela, 25 de xuño de 2014.- O proxecto básico de construción da nova gardería de Burela podería estar no Concello na segunda quincena de xullo e as obras iniciaranse en setembro. Tanto os técnicos coma o alcalde, José Mª González Barcia, consideran que estes prazos poderán cumprirse.
O rexedor contou que “na reunión mantida hoxe aquí, en Santiago de Compostela, na sede do Consorcio Galego de Benestar e Servizos Sociais co seu xerente, Roberto Rodríguez, e cos técnicos que están a redactar o proxecto da nova escola infantil para o noso concello quedou ultimado, en liñas xerais, o calendario que se seguirá a partires de agora en canto a prazos”.
González Barcia lembrou que “nosoutros no último pleno extraordinario procedemos á aprobación da adquisición por expropiación por xustiprezo do solar de 2.200 metros cadrados, con fachada á avenida da Mariña, por importe total incluídos impostos de 99.000 euros. Tal e como marca a normativa vixente houbo que publicar o acordo no Diario Oficial de Galicia. O prazo para a súa exposición pública é de 20 días hábiles, e se non me falla a memoria, remata o vindeiro 13 ou 14 de xullo”.
O alcalde burelés dixo que “a partires de aí procederemos a levantar a acta de ocupación do indicado solar, xunto cos actuais propietarios. Proceder á inscrición rexistral da mesma e logo proceder ao pago do seu custe”.
José Mª González Barcia conta que “o proxecto básico desa obra estea no Concello aproximadamente, como moi tarde, na segunda quincena do mes de xullo. Despois se lle podería dar licenza de obra en base a ese proxecto básico para proceder á redacción do proxecto de execución e a obra podería empezar nas primeiras semanas do mes de setembro”.
Segundo o rexedor “os técnicos entenden que estes prazos non teñen demasiada complexidade para seren cumpridos. Por parte da administración local entendemos que non ten porque haber ningún tipo de atranco para cumprir estes prazos porque o trámite máis importante, que era a adopción do acordo relativo á adquisición do solar, está feito e os outros trámites son os que marca a normativa vixente”.
Para González Barcia “a xuntanza foi positiva para poñernos de acordo cos prazos e co procedemento a seguir, a pesar de que ese procedemento xa ven claro. É un paso máis de cara á consecución dun servizo que nós entendemos fundamental para o noso concello. A actual escola infantil ten lista de espera, somos conscientes de que hai familias que non inscriben aos seus fillos porque saben que non van ter sitio e polo tanto esta nova dotación socio educativa é pertinente e moi necesaria para Burela e nese sentido o que está claro é que, aínda que supón un esforzo económico importante para o Concello de Burela, non é menos certo que as familias que o precisan o van agradecer”.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



