O salón de plenos do Concello burelés acolleu na mañá deste xoves unha charla informativa sobre o empadroamento. Estivo destinada a persoas de nacionalidade extranxeira que residen en Burela e estivo organizada pola Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade. Segundo explicou Diana Durán “neste caso estivo dirixida aos estranxeiros residentes no noso municipio e na mesma informouse da normativa básica do padrón de habitantes (inscricións, cambios de domicilio, caducidade e renovación, autorizacións…). Este tema é fundamental, posto que este procedemento é imprescindible para poder optar a outros recursos como a sanidade, a escolarización, as axudas sociais ou o arraigo social”. A charla resultou de moito interese para os asistentes.
