O Grupo de Montaña Marqués de Casariego realizará o vindeiro sábado 7 de xuño o emblemático Pico Torres (2.104 m) para o que agardan que o tempo os acompañe. En caso contrario teñen prevista outra opción. A saída realizarase dende Tapia ás 07.00 horas e os prezos oscilan entre os 3 euros dos socios colaboradores ata os 12 euros dos non socios. Os interesados poden informarse e inscribirse (ata o xoves 5 de xuño) nos teléfonos 689 175 515, 659 000 707 e 608 540 828 ou no enderezo electrónico cdbmarquesdecasariego@gmtapia.es.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



