A Asociación de Comerciantes Casco Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o lecer na súa cidade. Pon en marcha este venres 6 e o sábado 7 de Xuño a campaña Shopping Weekend, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos.
Unha oportunidade para pasar o fin de semana realizando compras nos 51 comercios participantes na campaña e gozar de descontos do 20% en miles de artigos. Participan locais de moda, calzado, complementos, artigos de deporte, lencería, xoias, mobles, decoración, perfumería, beleza, xoguetes, artigos para o fogar, alimentación, iluminación, óptica, etc.
Os locais participantes son Óptica Rosario, Confecciones Xusto Vázquez, DK@tivos, Platax, Agasallos Sulian, Madrás, Mis Personajes, Benetton, Caché, Chasis, Cuplé, Jonathans, Óptica Casariego, As Fidalgas, Tacóns, Kody, Kody Kids, Roupa, Calzados Albo, Albo Zapaterías e Albo zapatillería, Piti Deportes, Luxury, Oscar Rodríguez Joyeros, Deportes Cota, Roq Sport, Van Surf Shop, Fontana, Dandara, Canela Moda Intima, Ferretería Luís, Miss-tic, África Copias, Tiendas Verdes, Kalea, Librería Neira, Estanco Casanova, Foto Carlos, Joyería Paleo, Equivalenza perfumes, Muebles Catá, Paquetería Mónica, O Zoco, Estanco Couceiro, Depidel, Hostelería Beiramar, Carnicería Mariño, Embutidos Villalba, Kandela Iluminación, César Cociña e Baño, e Todoriginal.
Os locais participantes estarán identificados cos distintivos da campaña, banderolas de cor fucsia de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas dos comercios, indicando o desconto do 20%, así como vinilos pegados nos *escaparates indicando aqueles que participan con artigos seleccionados como poden ser os estancos, librarías ou perfumarías. Deste xeito para o cliente é moi fácil identificar aqueles locais nos que poderá gozar da campaña de descontos.
Trátase de ofrecer ao cliente a mellor calidade, variedade e prezo, sen ter que desprazarse, comprando no comercio local, un comercio que ofrece un trato persoal e profesional.
É moi importante recordar que estes descontos non son acumulables a outras ofertas que xa teñan nos comercios, a encargos ou a devolucións, xa que é unha campaña puntual organizada só para as vendas deses dous días.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



