Foz, 25 de xuño de 2014.- A provincia de Lugo xa dispón do primeiro campamento vacacional para nenos e adolescentes de entre 7 e 17 anos, que combina actividades náuticas e aprendizaxe de idiomas: Anchor. A iniciativa púxose en marcha esta mesma semana cun primeiro grupo de 51 nenos que visitarán Foz durante as súas vacacións de verán para practicar deportes como vela, paddle surf, surf e kayak e, ó mesmo tempo, aprender e practicar inglés con profesores nativos.
“Non só somos un campamento de verán con actividades, pretendemos que os alumnos leven experiencias relacionadas coa cultura, gastronomía, pesca, navegación, cuidado do medio ambiente e, por suposto, melloren o seu nivel de inglés e español (no caso de alumnos internacionais)”, explica Paco Moreda, promotor da iniciativa.
Este xoven emprendedor focense puxo en marcha Anchor (a Escola de Deportes Náuticos da Mariña) co apoio do Fondo Europeo de Pesca, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, e a Consellería do Medio Rural e do Mar, que depositaron a súa confianza no proxecto a través dos Grupos de Acción Costeira e o seu Plan Estratéxico Zonal (PEZ).
Durante os meses de xullo e agosto, con Anchor ponse en marcha o primeiro campamento vacacional para nenos e adolescentes que combina actividades náuticas e aprendizaxe de idiomas na provincia, dotando á comarca da Mariña dun novo atractivo para o fomento do turismo, ún dos principais impulsores da actividade económica da zona, xunto coa pesca. Pero, ademáis, ven a resolver un problema que afecta a moitos pais: que facer cos nenos durante as vacacións? Como explica Paco Moreda, “cando chega o verán, moitos pais atópanse co problema de que teñen que traballar e os seus fillos dispoñen de moito tempo libre. O noso obxectivo é ofrecerlles unha alternativa de ocio e diversión e, ó mesmo tempo, que podan aprender idiomas e convivir con outros nenos, o que supón unha gran tranquilidade para os pais”.
Para máis información: www.anchor.es





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



