Burela, 25 de xuño de 2014.- A Concellería de Cultura, Educación e Turismo de Burela, en colaboración coa Rede de Dinamización Lingüística e coa Radio Municipal de Burela fallou o concurso O Galego na Onda que terá como premio a participación nun obradoiro de radio impartido na emisora municipal.
As cuñas gañadoras foron as seguintes:
1º premio: Palabras que lembran a lingua: Macarena Ledo Vázquez (IES Perdouro)
2º premio: Sorrisos e sentimentos: Elena Valle García (IES Perdouro)
A Concellería de Cultura e Educación agradece o traballo feito por todos os participantes neste concurso.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



