O Club Deportivo Burela Fútbol Sala Pescados Rubén abre o prazo de captación para todas aquelas xogadoras que desexen formar parte das súas categorías de base de cara á tempada 2014-2015. Ata o luns 16 de xuño, todas aquelas interesadas poden poñerse en contacto co club para inscribirse e formar parte da súa estrutura de base feminina. A idea do club é crear un equipo filial e cadete con xogadoras con idades comprendidas entre os 12 e 18 anos (ambos inclusive). As sesións consistirán en integrar ás xogadoras nos adestramentos coa participación de xogadoras do equipo senior de Primeira División Feminina para coñecer o funcionamento das sesións e a metodoloxía de traballo do club. Así, todas aquelas xogadoras nadas entre os anos 2001 e 1996 poderán probar co CD Burela Pescados Rubén durante as tres próximas semanas.
NOTAS IMPORTANTES
– O periodo de probas para as xogadoras inscritas comezará a seguinte semana de realizar a súa inscripción, para unha mellor planificación.
-En caso de superar as seis xogadoras en probas por ano de nacemento, crearase unha sesión específica con todas elas.
– As xogadoras que faigan as probas, realizarán un máximo de 2 adestramentos por semana.
– As horas dos adestramentos serán fixadas unha vez se peche o prazo de inscrición.
– As interesadas en realizar as probas, poden tramitar a súa incripción en:
– Teléfono: 982 58 18 15
– Enviando un e-mail a burelafs@burelafs.org, onde deberán especificar os datos persoais da xogadora (nome, apelidos, data de nacemento, dirección e teléfono de contacto)
– Oficina do Club situada na Avenida Arcadio Pardiñas, 91, Baixo.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
