Burela, 11 de xuño de 2014. Mañá celébrase pleno extraordinario no Concello burelés para aprobar as novas condicións do crédito solicitado para o pago a provedores, que lle permitirá aforrar uns 120.000 euros. Unha parte deses cartos, segundo o alcalde, José Mª González Barcia, irán destinados á construción da nova gardería infantil.
O rexedor explicou que “un dos puntos que veremos no pleno é a adecuación a unhas novas condicións do crédito solicitado no seu día para o pago anticipado a provedores. Cando chegamos encontrámonos con 1.300.000 euros en facturas, herdadas todas elas do bipartito. Conseguíronse pagar con fondos propios 200.000 euros e para o resto, 1.100.000 euros, houbo que solicitar un crédito acolléndonos ao pago anticipado a provedores. Ese crédito tiña un interese nominal do 5,57 con dous anos de carencia, durante os cales hai que pagar intereses, e oito anos de amortización”.
González Barcia indicou que “o Ministerio de Hacienda enviounos unha proposta a través da cal podemos conseguir unha rebaixa substancial do tipo de interese. En concreto vamos acollernos a unha rebaixa de 1,30 puntos, co cal o tipo de interese vai quedar no 4,20 por cento. As vantaxes disto son que pagamos practicamente un 20 por cento menos de intereses e gañamos un ano máis de carencia, o que nos permite liberar aproximadamente 120.000 euros que irían destinados a amortización de capital para outras actuacións. En concreto é previsible que ese diñeiro se destine en boa medida a financiar a parte que lle toca ao Concello para a construción da nova gardería infantil”.
O alcalde burelés dixo que “tiñamos que empezar a amortizar capital o vindeiro día 1 de xullo, pero con estas novas condicións comezaremos o 1 de xullo do ano próximo. A amortización de capital que se debería facer este ano distribuirase entre os 7 anos que quedan. En todo caso o incremento da cota nos outros 7 anos vai ser perfectamente asumible polo Concello porque, entre outras cousas, no ano 2017 deixará de pagar o crédito derivado da herdanza do goberno socialista do antigo Concello de Cervo. Polo tanto ante estas condicións non do dubidamos nin un só momento”.
González Barcia agarda que “espero que a oposición sexa responsable e consecuente, porque xeraron este problema co cúmulo de facturas que deixaron sen pagar. Esperamos que sexan sensatos e que non poñan ningún tipo de traba a esta modificación do financiamento do crédito”.
E engadiu que “o pleno ten que celebrarse con carácter extraordinario e urxente xa que o prazo para acollerse a estas novas condicións do crédito do pago anticipado a provedores remata o día 14. Evidentemente seríamos uns irresponsables se renunciaramos a mellorar as condicións de financiamento do crédito porque, en definitiva, van repercutir favorablemente no conxunto da cidadanía de Burela”.
Escola infantil
O rexedor contou que “o segundo punto do pleno é a formalización da adquisición do solar onde se vai situar a nova gardería. O trámite fíxose a través do procedemento de expropiación forzosa de mutuo acordo, xerouse o crédito suficiente para poder abordar a compra e despois seguiremos o procedemento administrativo marcado na lei para levar a cabo a acta de ocupación da finca, proceder ao pago e poñer o solar a disposición da Xunta de Galicia. Non se fixo antes porque en Burela non había ningún solo dotacional para situar a nova escola infantil e houbo que esperar á aprobación definitiva do plan xeral de ordenación municipal para contar con bolsas de solo dotacional que cumpran cos requisitos urbanísticos e xurídicos para poder ofertar este solo á Consellería de Traballo e poder executar a nova escola infantil”.
González Barcia subliñou que “o proxecto básico da nova gardería está a piques de rematarse e no momento en que se reciba no Concello e cumprindo todos os trámites legais concederáselle licenza de obra”.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



