Ribadeo, 3 de xuño de 2014. O Concello borrará ou cubrirá as pintadas que estes días apareceron nas fachadas dalgúns inmobles no casco vello da vila. O alcalde, Fernando Suárez, indica que a restauración final correspóndelles aos propietarios deses edificios.
O rexedor aludía esta mañá “a estas pintadas que dun tempo a esta parte se están a producir en inmobles públicos ou privados da nosa vila, sobre todo no casco vello. Dicir en primeiro lugar que o Concello non é o responsable das pintadas, senón os vándalos e os bárbaros que as provocan, nin é tampouco o responsable de eliminalas, porque nós non podemos asumir unha responsabilidade que en ningún caso temos”.
Suárez Barcia dixo que “como algunhas delas poden facer alusións despectivas ou palabras malsoantes ou circunstancias que non son agradables para vivir nunha vila desde o Concello demos instrución á brigada de Medio Ambiente municipal para que ben a través dun líquido anti pintadas, se poidan ir borrando na medidas das súas posibilidades, ou ben cunha pintura neutra se poida tapar estritamente o contido da pintada. Correspóndelles aos propietarios das fachadas, dos muros ou das vivendas a reparación de acordo coa pintura que eses inmobles tiveran”. O alcalde ribadense engadiu que “o Concello non pode pintar unha fachada dun color concreto con cargo ao Concello, por moito que aí houbese unha pintada agresiva contra algo ou contra alguén. Poderá tentar borrala con este líquido que temos ou poderá tentar cubrila cunha pintura neutra, branca neste caso, pero a restauración final corresponderalle ao propietario dese inmoble”.
Fernando Suárez fai un chamamento “para que si alguén ve algún bárbaro ou vándalo facendo estas cousas o comunique á Garda Civil ou á Policía Local porque a todos gústanos vivir nunha vila, nun concello, sen ter que soportar pintadas dun ou doutro sentido, cunha determinada intención ou non. Eu penso que hai outros lugares en democracia onde se poden facer os testemuños das posicións ideolóxicas ou políticas sen ter para iso que facelo nas fachadas de edificios públicos ou privados”.






















O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.



