25 de xuño de 2014.- Por iniciativa da Deputación de Lugo o próximo venres, día 27 de xuño, impartiranse en Forxán (Foz) dous cursos sobre novas tecnoloxías para maiores de 55 anos.
A cada curso correspóndelle unha acción formativa. Este venres desenvolveranse dúas accións formativas prácticas de cinco horas de duración cada unha. As persoas interesadas poderán elixir entre: (1) A realización de aprender a utilizar eficazmente os buscadores en internet ou (2) A aprender a comunicarse por e-mail, correo electrónico.
En cada un dos cursos tamén se comentarán e se realizarán o maior número posible de actividades e recursos relacionados coas novas tecnoloxías, como usar Internet para aprender, comprar ou pedir cita no médico; aprender a empregar o móbil e as cámaras dixitais, ou mellorar a memoria e a coordinación coas TIC .
A participación nestes cursos foi solicitada por un colectivo veciñal do barrio de Forxán e impartirase na antiga escola do lugar en horario de tarde, (de cinco a nove).
A Deputación organiza esta programación destinada ás persoas maiores do Concello de Foz para contribuír na mellora da súa calidade de vida, aumentar a súa autonomía e mellorar as súas capacidades cognitivas e funcionais. Deste xeito, as TIC axudan a corrixir as posibles desigualdades sociais.
Estes cursos e obradoiros, que son gratuítos, están financiados nun 80% con Fondos Europeos. E intención da Deputación ofertar estas accións formativas en outros concellos da Mariña si hai demanda.