Burela, 23 de xuño de 2014.- Os cadetes do Burela Pescados Rubén lograron a súa clasificación para a gran final da Copa Galega tras impoñerse por 3-2 ao IES Coruxo no partido de volta, disputado o domingo 22, refrendando a vitoria conseguida a domicilio (2-4) no partido de ida. Os laranxas fixeron un gran partido en ambos duelos e plasmaron a súa superioridade ante un rival moi competitivo. A disputa polo Copa Galega celébrase o sábado día 28 no pavillón municipal de Lugo ante o EDC Verín (horario do encontro por determinar).
Final Campionato Xuvenil
O Burela Pescados Rubén xuvenil quedouse a un paso de proclamarse campión do Campionato Galego nunha final emocionante disputada ante o 5 Sala Coruña FS. O encontro definitivo disputouse o sábado 21 en Vista Alegre, os herculinos acudían ao feudo laranxa cunha renda dun gol (4-3) do encontro de ida e tras un disputado duelo alzáronse co título grazas ao valor dobre dos goles en campo contrario trala vitoria burelesa por 5-4 en Vista Alegre.
IX Torneo Basee Cidade de Betanzos
Os equipos benxamín e alevín da ED Burela FS gozaron dun fin de semana de competición no IX Torneo de Base Cidade de Betanzos aínda que ambos conxuntos non lograron pasar a fase de grupos nun torneo que ofreceu unha gran nivel competitivo.
Resultados categoría benxamín- Grupo B
Club do Mar – ED Burela FS (5-1)
Cidade de Narón FS – ED Burela FS (10-1)
Azkar Lugo FS – ED Burela FS (3-1)
ED Burela FS: Alejandro Bermúdez, Noel, Anxo, Lucas, Pablo, Pedro, Alejandro Altamirano, Martín, Javi, Yago Ares. Adestrador: Benito Repiso
Resultados categoría alevín- Grupo A
5 Coruña FS – ED Burela FS (5-3)
O Parrulo Ferrol – ED Burela FS (9-1)
Azkar Lugo FS – ED Burela FS (4-3)
ED Burela FS: Pablo, Nico, Diego, Antonio, Pol, Alex, Anxo, Dani e María.
Adestrador: Carlos Moreno.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
