Alfoz recibiu este sábado 7 de xuño a visita dunha excursión da Asociación Cultural Libre de Paderne “Roxín Roxal”, das terras de Betanzos. O guía Lionel Rexes, do Seminario de Estudos do Valadouro, explicoulles no Salón de Actos do Castelo do Castro de Ouro algúns datos sobre a historia de Pardo de Cela. Logo acompañounos ós montes Penidos, na parroquia de Santo Tomé, no Valadouro, para continuar logo viaxe á vila episcopal de Mondoñedo.
