O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes, coa abstención do PP, incrementar en 10 millóns de euros o investimento en cooperación cos Concellos, benestar social e emprego, unha inxección de recursos económicos que servirá para garantir a prestación de servizos ós veciños da provincia nos niveis de calidade e cantidade que veñen percibindo, e combater a grave situación do paro, ademais de favorecer a dinamización da actividade económica e recuperar poboación. A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, explicou que o Goberno Provincial decidiu reforzar os investimentos debido á “constante redución das achegas ás entidades locais por parte das administracións central e autonómica, que provocan a súa asfixia económica e unha grave merma na prestación de servizos”.
Estes novos fondos fináncianse con cargo a remanentes de tesourería de anos anteriores, froito da “xestión eficaz e responsable” desenvolvida polo Goberno provincial dende o 2007, destacou a Deputada, e demostra “unha vez máis que somos capaces de reducir a débeda mantendo ó mesmo tempo, e mesmo subindo, os investimentos”. García Porto lembrou que a de Lugo é a Deputación menos endebedada de Galicia e que no ano 2016 acadará o endebedamento cero.
Dos 10 millóns de euros de aforros que se incorporan ó Orzamento do 2014, máis de 8 millóns, destínanse directamente a potenciar a colaboración cos Concellos e con entidades sen ánimo de lucro –a través de transferencias correntes e de capital- en materia de infraestruturas e servizos, benestar social, educación, igualdade, turismo e deporte. A mellora e conservación de estradas provinciais e municipais refórzase con 1,1 millóns de euros e os 900.000 euros restantes dedícanse a diversas actuacións en materia de medio ambiente e infraestruturas.
As partidas concretas ás que van destinados este fondos son as seguintes: 1) Reparación, mantemento e conservación de estradas, tanto de titularidade provincial, como municipal: 1,1 millóns de euros; 2) Cooperación cos Concellos para a mellora e dotación de servizos e infraestruturas municipais que revertan na mellora da calidade de vida dos veciños e na dinamización da actividade económica dos municipios: 3,5 millóns de euros. 3) Colaboración con entidades sen ánimo de lucro para que o tecido asociativo da provincia poida manter a súa capacidade de actuación e actividades: 1,1 millóns de euros. 4) Actuacións de protección e mellora do medio ambiente: 365.000 euros. 5) Cooperación cos Concellos e entidades sen ánimo de lucro en materia de benestar social e igualdade: 128.500 euros. 6) Apoio á educación, principalmente ás ensinanzas universitarias: 579.000 euros. 7) Cooperación cos Concellos e entidades sen ánimo de lucro en cultura: 531.550 euros. 8) Museo Provincial: 40.000 euros. 9) Cooperación cos Concellos e entidades sen ánimo de lucro no fomento do deporte: 2,2 millóns de euros. 10) Accións para dinamizar o turismo: 285.607 euros. 11) Actuacións en saneamento e abastecemento: 50.000 euros.
Declaración institucional sobre a A-8
Por unanimidade, o Pleno aprobou a declaración institucional proposta polo Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, e entregada a todos os grupos políticos no medidía de onte, para esixir ó Ministerio de Fomento a inmediata posta en marcha de medidas de seguridade na A-8. “Queremos que se fagan as melloras xa, posto que se trata dunha zona moi complicada climatolóxicamente. Despois de 6 meses da súa apertura, o Ministerio de Fomento tiña que estar alertado”, destacou Gómez Besteiro. Con esta declaración institucional, a Deputación de Lugo tamén traslada o “seu sentido pésame” a familia da vítima mortal no sinistro desta pasada fin de semana, así como o seu apoio a todas as persoas que resultaron feridas.
Cesión gratuíta da Gardería do Campus a Raiolas-Lugo
O Pleno aprobou por unanimidade a cesión gratuíta da Gardería do Campus a Raiolas-Lugo, por un prazo de 20 anos. Esta asociación situará neste inmoble provincial un centro de día específico para maiores de 16 anos con autismo, onde recibirán formación ocupacional, de cara a súa inserción laboral, ó tempo que seguirán traballando no seu desenvolvemento social. Isto permitirá que Lugo deixe de estar entre as 12 provincias de España que non contan con centros, nin públicos nin privados, destas características.
En defensa das infraestruturas
Logo da reunión en Chantada, na que se abordou a situación da A-56 e na que participaron representantes das Deputación de Lugo e Ourense, de Concellos afectados pola paralización destas obras de ambas as dúas provincias, ademais de empresarios da zona; o grupo provincial socialista, cumprindo coa palabra dada neste encontro, presentou unha moción ó Pleno para instar ós Goberno central e galego a impulsar esta autovía. Por unanimidade, acordouse esixir ós Executivos do PP que a A-56 conte co financiamento necesario nos Presupostos Xerais do Estado para 2015 e reanudar as obras do treito de San Martiño-A Barrela. Neste senso, co voto en contra do Partido Popular, o Goberno Provincial aprobou esixir ó Executivo estatal que constrúa a variante exterior que permita eliminar os seis pasos a nivel do caso urbano de Monforte; así como que manteña os servizos ferroviarios existentes. “Dende a chegada do PP, foi constante o goteo de paralizacións en materia de infraestruturas na nosa provincia: o AVE, a estación intermodal de Lugo, a autovía a Santiago, a variante de Pobra de San Xillao… ese é o compromiso do Partido Popular coas comunicación no interior de Galicia”, subliñou Manuel Martínez, voceiro provincial socialista.
Novas colaboracións coa Xunta
O Presidente deu conta á Corporación das novas colaboracións da Deputación de Lugo coa Xunta de Galicia, avanzando que se aprobaron os convenios sobre o PEIM e as Pallozas do Piornedo. Deste xeito, co fin de garantir a execución en Lugo do plan de melloras de camiños municipais, que o Goberno de Feijóo non executou nin no 2011 nin no 2012, a Deputación financia por 1º vez esta programación. O seu orzamento en Lugo é de 6,87 millóns de euros, dos que Europa achega o 75%, o Goberno Central o 15%, a Deputación de Lugo o 10,1% e a Xunta o 2,05%. Para mellorar as Pallozas, cuxa conservación é responsabilidade legal da Xunta ó seren BIC, así como para dotar de servizos de saneamento e iluminación ó Piornedo; a Deputación fai unha achega de 160.000 euros, que representa o 65,5% do orzamento total destes traballos, valorados en 260.000 euros. O Goberno galego inviste o 34,5%, o que supón os 100.000 euros restantes.
Presupostos participativos: opinión directa dos cidadáns
Na sesión tamén se tratou a elaboración dos primeiros orzamentos participativos dunha Deputación en España, que terá a de Lugo no 2015. Martínez explicou ó Partido Popular que “a intención deste proxecto é que os cidadáns opinen, directamente, sobre cales deben ser as prioridades presupostarias do organismo provincial. Trátase de profundizar na democracia e que os vecinos deixen de ser simples observadores, participando na xestión do público”. Martínez salientou que, mentres que este é un procedemento de participación cidadá pioneiro, existen canles consolidadas de participación directa dos representantes políticos, “que o PP desaproveita”, apunto. Neste senso, lembrou que unha gran maiores dos Alcaldes populares non acuden a, por exemplo, ós Encontros de Cooperación, reunións dos Órganos de Xestión das Reservas da Biosfera, seguimentos das auditorias enerxéticas…“A vostedes o que lles molesta é que opinen os cidadáns, posto que queren facelo vostedes por eles”, remarcou. Precisamente, esta tarde a Deputación celebra a sétima xuntanza participativa para que os vecinos do partido xudicial de Becerreá opinen sobre as prioridades do vindeiro orzamento provincial.
Outros acordos
Outras dúas mocións máis foron aprobadas no Pleno deste martes. Por un lado, acordouse por unanimidade que Deputación de Lugo e Xunta de Galicia convenien o estudio e desenvolvemento de centros de transformación da biomasa para a posta en valor dos montes lucenses como recurso enerxético. Noutra índole de asuntos, e coa abstención do Partido Popular, o Goberno Provincial aprobou que a institución luguesa condene os ataques criminais na faixa de Gaza e que esixa ó Goberno Central “a abandonar súa actitude pasiva”, reclamando a Israel o reparto territorial.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



