Cervo, 17 de xullo de 2014- A edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso, agradeceu ao grupo municipal socialista que “reconozca públicamente que la Diputación solo hace una limpieza de carreteras al año, porque así todos los vecinos entienden por que están siempre en mal estado de conservación”.
Alonso lembra que “la Diputación tiene la obligación de mantener acondicionadas sus carreteras”, un deber que “con una limpieza anual es imposible”. En contraposición, o Concello leva a cabo as rozas que sexan necesarias para manter limpas as estradas e espazos públicos do municipio “porque nos preocupa la seguridad de peatones y conductores y también la imagen y estética de nuestro concello”. Neste sentido cabe destacar que o esforzo do Concello por manter as zonas da súa titularidade é maior, xa que en Cervo a rede de estradas municipal é moito máis extensa que a provincial, sen esquecer que ademais o Concello ten que atender espazos públicos como parques, prazas, fontes ou xardíns.
Ademais a edil asegura que “el incumplimiento de la Diputación obliga al Concello a tomar medidas, limpiando las carreteras provinciales por responsabilidad, porque el desbroce de la Diputación siempre llega tarde y cuando las carreteras se encuentran ya en una situación muy peligrosa”. No caso dos accesos aos núcleos de Cervo e San Ciprián, tamén provinciais, ademais da seguridade preocupaba a imaxe de desleixo e abandono destas vías.
Ao mesmo tempo, a responsable de Medio Ambiente explica que este ano, como medida de reforzo, o Concello contratou a 18 persoas para facer traballos de limpeza e conservación en estradas municipais e en espazos públicos durante os meses do verán.


















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



