As rapazas e rapaces de Galiza Nova, mocidade do BNG, empapelaron este pasado xoves pola noite as vilas da Mariña con cartulinas nas que se podían ler mensaxes en contra da nova Lei do Aborto, que pretende aprobar o PP no Consello de Ministros o vindeiro 25 de xullo. Foron varios os concellos que sufriron esta transformación, entre eles Ribadeo, A Pontenova e Burela.
Con esta acción preténdese visibilizar o posicionamento da fronte nacionalista e facer reflexionar á poboación sobre esta problemática, que, para Andrea Martíns -militante de Galiza Nova- “non fai máis que impor ás mulleres a súa maternidade e darlle cancha aberta a un ministro retrógrada sobre a toma de decisións tan importantes para as rapazas e que provocarán problemas que, desde logo, el non ten posibilidades de sufrir”. Con esta pretendida reforma, o que se busca é dificultar aínda máis a capacidade de decidir sobre os nosos corpos, xa que agora só se podería abortar en caso de grave risco para o feto ou para a nai e deixa de ser legal facelo en hospitais públicos. Esta situación vese agrabada debido ao contexto económico no que estamos, polo que seguramente moitas rapazas non puideran interrumpir o seu embarazo ao non poder pagar o custe e se verían obrigadas a viaxar a outro país onde si que estivese permitido de maneira legal. “Non podemos caer nos enganos que a xente antiabortista está intentando difundir, nós non estamos en contra dos embarazos, simplemente esiximos algo moi básico que é a interrupción deste se non e desexado nunhas boas condicións e nunhas instalacións hospitalarias públicas”, di a responsábel comarcal do BNG, Ana Ermida.
As e os nacionalistas explican que seguirán a reivindicar o dereito a decidir das mulleres sobre o seu propio corpo e a participar de toda canda mobilización haxa para botar abaixo esta reforma.