A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, presentou este luns na Cámara Baixa unha proposición non de lei e unha iniciativa parlamentar para instar á Ministra de Fomento a instalar dispositivos anti-néboa tecnoloxicamente máis avanzados na autovía A-8, entre os municipios de Mondoñedo e Abadín onde se produciu o sábado pasado un terríbel accidente de tráfico.
A deputada do BNG demanda da Ana Pastor que se instalen canto antes fórmulas técnicas que permitan a visibilidade nunha zona caracterizada por constantes e persistentes néboas que impiden ou dificultan a condución, e que constitúe un serio risco para as vidas de condutores. Asemade, Rosana Pérez empraza a Fomento a extremar a vixianza e o control no tramo da A-8, onde apenas nuns meses se rexistraron varios accidentes como o acontecido o sábado 26 de xullo no que se viron implicados 35 vehículos, houbo que lamentar a morte dunha muller e se produciron 49 feridos.
E nun terceiro punto da proposición non de lei, a deputada nacionalista plantexa que “en atención a este problema, e a fin de ofrecer unha alternativa segura aos condutores e condutoras, se aprobe un plan de mellora de estradas estatais como a N-634 e a N-642 ao seu paso pola comarca de A Mariña”.
Fomento ten que procurar unha solución segura e efectiva ante un problema estructural
Rosana Pérez recolle nas súas iniciativas parlamentares os dados sobre o espectacular accidente do sábado pasado á altura de O Alto do Fiouco. “A espesa néboa que envolvía a zona parece ter sido a causa do choque en cadea no que decenas de vehículos quedaron atrapados”. A deputada do BNG pon de manifesto que no se trata dun problema ocasional ou imprevisto, “é unha zona caracterizada por habituais bancos de néboa cuxa espesura pode chegar a anular por completo a visibilidade”.
De feito, moitos condutores sinalaron que a falla de visibilidade era tal que nin sequera se percibían as luces especiais para a néboa situadas por Fomento sobre a bionda. Para Rosana Pérez “isto é a proba de que esas balizas son insuficientes para afrontar un problema que é estrutural”.
De feito, subliña que este tramo foi inaugurado en febreiro pasado e xa aos dous meses se producía o primeiro accidente de tráfico con implicación de vehículos pesados. A deputada do BNG considera que “a gravidade da situación esixe por parte de Fomento unha solución definitiva a un problema de índole natural e consustancial ao lugar descrito. Por eso, coidamos que Fomento debe estudar outro tipo de dispositivos anti néboa máis avanzados tecnoloxicamente e que melloren a visibilidade e a seguridade”.
Para a deputada do BNG a solución non pode ser a de someter a A-8 a continuos corte de tráfico porque unha “das súas razóns de existir é a de ter sido configurada como alternativa a outra perigosa estrada, a N-634. A N-634, lembra, está chea de puntos negros e deficiencias, “entón, é obrigar aos condutores a escoller entre unha estrada estatal deficiente e unha A-8 perigosa por ter bancos de néboa espesa”.
“Se o futuro da A-8 vai consistir en continuos cortes de tráfico que volven a situar aos usuarios na N-634, habería que concluír cal é a súa utilidade porque se investiu carto público nunha autovía que debe poder ser utilizada sen problema”.



















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



