Cervo, 14 de xullo de 2014- O Club Náutico Amigos do Mar e o Concello de Cervo deron este luns a coñecer os detalles da I Regata de Bateis de San Cibrao que se celebrará o mércores 16 de xullo (17:30 h.), que se inclúe ademais no programa das festas patronais do Carme. Unha competición que terá lugar na zona do peirao e na que participarán a sección de Remo do Club Náutico Amigos do Mar de San Ciprián, o Club de Remo de Celeiro e o Club de Remo Castropol. Cada club levará dúas tripulacións polo que serán 6 as que compitan.
En concreto, a regata sairá da praia do Torno e incluirá dúas ceavogas, polo que finalmente os competidores completarán catro traxectos de 500 metros entre a praia do Torno e a boia situada no dique Anxuela.
O alcalde, Alfonso Villares, o edil de Deportes, Luis Guillén, o presidente do Club Náutico, Marcelino Bermúdez e Moisés Teixeira, responsable da sección de Remo, presentaron o cartel xunto aos trofeos que se entregarán o día da regata. Unha competición que organiza o club e coa que colabora o Concello de Cervo co obxectivo de fomentar este deporte que Amigos do Mar está traballando para impulsar.
Guillén asegura que o Concello comparte ese obxectivo de promover o remo entre a poboación. Neste sentido lembra que hai uns meses a administración local achegara 6.000 euros para a compra dun batel de competición que foi cedido ao club e no que a Xunta tamén colaborou destinando 6.200 euros. O edil asegura que organizar unha regata de bateis é unha “forma excepcional de darlle visibilidade a este deporte”.




















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



