A praia de Arealonga, en Barreiros, acollerá o vindeiro venres, 25 de xullo, unha nova edición do Concurso Internacional de Castelos na area a partir das 11:15 da mañá. A cita está organizada por Manuel Méndez, que conta coa colaboración do Concello de Barreiros, a Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, a Consellería de Benestar, Arenal, Coca Cola, Estrella Galicia e Taberna de Marcos.
Concurso Internacional de Castelos na area, o 25 de xullo en Barreiros