Burela, 15 de xullo de 2014. O alcalde, José Mª González Barcia, considera unha moi nova para os bureleses e mariñáns a vindeira adxudicación do plan director do Hospital da Costa.
O rexedor dixo que “a noticia da próxima adxudicación do plan director do Hospital da Costa é unha moi boa nova para os cidadáns de Burela e para os de toda a comarca, porque significa un paso máis no cumprimento do compromiso adquirido no seu día polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, para ampliar o hospital de Burela”.
González Barcia lembrou que “outros no seu momento con máis dispoñibilidade económica negáronse en rotundo a levar a cabo a ampliación do centro sanitario. Eses mesmos que no seu día se negaron a ampliar o hospital son os que hoxe seguen criticando todo o que se fai no hospital, incluso a posta en marcha de servizos como o de quimioterapia básica, como se cando eles gobernaban non existisen enfermos que precisasen quimioterapia”.
“Como alcalde, estou completamente seguro de que o compromiso do presidente da Xunta vaise levar adiante atendendo ás expectativas e ás necesidades do centro hospitalario”, engadiu o alcalde burelés.



















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



