Cervo, 19 de xullo de 2014- A sala de exposicións da Casa da Cultura amosa dende este sábado ata o día 31 de xullo as obras e pezas elaboradas nos cursos da asociación Mulleres de San Ciprián. Trátase do resultado de moitos meses de traballo nos que as socias participaron en clases de pintura, bonecas fofuchas, palillos, bordado e tapicería. Así, dende outubro a xuño as alumnas estiveron aprendendo ao tempo que practicaron, dando lugar aos traballos manuais que se poden visitar estes días.
Cabe destacar que na mostra inclúense pezas de roupa do fogar, complementos, mobles restaurados, bonecas ou cadros ao óleo, polo que os visitantes da exposición poderán comprobar as destrezas adquiridas polas socias.
Ao mesmo tempo, a oferta de actividades da asociación durante o curso foi moito máis ampla, incluíndo tamén clases de ioga, adornos florais, pandeireta ou cociña, entre outras iniciativas lúdicas que Mulleres de San Ciprián pon en marcha co obxectivo de dar opcións de entretemento ás 160 socias que ten na actualidade.
Unha mostra que se inaugurou este mediodía nun acto ao que asistiu o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Igualdade, Pilar Armada, a directiva da asociación Mulleres de San Ciprián, entre a que se atopaba a súa presidenta, Amparo Pernas, e multitude de socias.
A exposición estará aberta de 17 a 20 horas de luns a sábado.





















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



