Foz, 15 de xullo de 2014. O Concello de Foz fai unha valoración moi positiva dos dous últimos festivais celebrados no municipio: VraÓ!, promovido pola asociación cultural Ó!; e Coa Nosa Fala, organizado pola Concellería de Cultura.
O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, afirmou que “dende o Concello facemos unha valoración moi positiva destes dous últimos festivais culturais celebrados no municipio durante o pasado fin de semana e no día de onte. Concretamente o Festival Vrao foi o primeiro que se fixo por diferentes lugares de Foz, con varias actuacións nas zonas da Rapadoira e do porto. Nel interpretouse música alternativa que gustou moito á xuventude pola calidade dos músicos, pero tamén pola boa organización e o montaxe que fixo a agrupación cultural Ó!.” Un traballo polo que o rexedor quere felicitalos, “xa que, en colaboración co Concello, conseguiron sacar adiante nunha fin de semana complexa, con moitas actividades, un festival innovador e moderno, que esperemos que siga repetíndose nos vindeiros anos”.
Sobre o festival de música galega organizado pola Concellaría de Cultura en colaboración con Arcadio Mon, director da Escola Municipal de Música de Foz, Castiñeira asegurou que “trátase dun festival consagrado, que xa vai pola súa terceira edición e que este ano volveu lograr unha asistencia multitudinaria na súa celebración na zona do Campo da Cabana. Ocupáronse todas as localidades nesta infraestrutura que está en obras, que se preparou precisamente para poder facer este festival e seguirán agora os traballos durante a semana que vén para tratar de rematar a limpeza e pintado final de pistas, así como a colocación de redes arredor da cancha e de porterías e canastras”. Neste aspecto Javier Castiñeira quixo agradecer ó Concello de Cervo a súa colaboración por prestar as gradas supletorias que permitiron realizar o festival Coa Nosa Fala: “grazas a este concello puidemos usar o Campo da Cabana para este evento e tamén nos próximos meses, mentres non estean instaladas as novas bancadas”.
O alcalde focense aproveitou a ocasión para defenderse das críticas dalgúns grupos da oposición: “son as críticas dos de sempre, da oposición desleal que prefire danar a imaxe do concello de Foz en vez de gabar a actividade e a multitude de actos que se están levando a cabo por diferentes asociacións. Hai quen se dedica a criticar e sacar fotos, mentres que cando eles gobernaban tiñan as cámaras moi escondidas. A intención é danar ó pobo, como levan intentando facer durante tres anos, e parece que neste, que é o último da lexislatura, non vai ser menos.” Castiñeira engadiu que “o máis grave é que xa empeza a haber unha campaña nas redes sociais que parece certamente dirixida por aqueles que non souberon gobernar Foz e que agora dende a oposición tratan de danar a imaxe do Concello, que seguirá traballando con este ritmo e asumindo que estamos nun verán moi activo.”




















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



