Ribadeo, 15 de xullo de 2014. Ribadeo acollerá os días 17 e 18 de xullo as XIV Xornadas de Traballo en Mecánica Celeste, que este ano organiza o observatorio Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela. Ademais das xuntanzas que manterá o comité científico haberá, abertas ao público xeral, unha observación astronómica e unha charla.
As xornadas comezarán o xoves, 17 de xullo, cunha recepción da comisión científica no Concello as oito da tarde. Horacio Cupeiro, concelleiro de Medio Ambiente en Ribadeo, destacou o carácter internacional destas xornadas nas que participarán “astrónomos, físicos, matemáticos e informáticos, tanto nacionais como internacionais. Todos eles traballaran baixo a dirección de José Ángel Docobo, director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller”.
O comité científico das Xornadas de Traballo en Mecánica Celeste “leva xuntándose dende 1998 en diferentes puntos do estado para celebrar anualmente estas reunións científicas. Dito grupo aproveitará para expoñer as súas liñas de investigación, comentar, criticar e aportar ideas de forma construtiva”, engadiu o edil nacionalista.
O programa das xornadas ponse en marcha o xoves, 17 de xullo, ás 20 horas, momento no que se levará a cabo unha recepción do comité científico na Casa do Concello. Cupeiro indicou que “o xoves as once da noite faremos unha observación astronómica na Praza de España. Gustaríanos invitar a tódolos veciños e visitantes a que participen nesta actividade que pode resultar moi interesante”.
Xa o venres ás 20 horas na Casa do Mar terá lugar unha conferencia do profesor da Universidad de La Rioja, Víctor Lanchares Barrasa, que falará sobre: Orientación en la mar: de las estrellas al gps. O concelleiro de Medio Ambiente contou que “nela tratará de dar unha explicación detallada sobre como evolucionaron os sistemas de navegación, que antes funcionaban polas estrelas e agora o fan tendo coma base o gps”, comentou o concelleiro de medio ambiente.
As xuntanzas internas do comité científico das XIV Xornadas de Traballo en Mecánica Celeste serán na Casa da Ría. O evento conta coa colaboración de seis concellos, entre os que se atopa o de Ribadeo, que participa no proxecto de divulgación astronómica TODOSCOSMOS, financiado pola FECYT.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



