Lourenzá, 2 de xullo de 2014. O Concello de Lourenzá contratará a oito persoas durante tres meses para labores de prevención e extinción de incendios forestais.
A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, explicou que na reunión da comisión municipal de goberno celebrada este mércores pola mañá “os asuntos máis importantes foron a aprobación das bases que rexerán os procesos de contratación dunha brigada de prevención e extinción de incendios, que estará formada por un xefe e catro peóns, e tamén para contratar a tres persoas que conducirán a motobomba, para dar cumprimento aos convenios que temos asinados coa Xunta de Galicia”.
A rexedora municipal comentou: “parécenos moi importante sumarnos a estes dous convenios que asinamos coa Xunta de Galicia, tanto o de roza como o da motobomba, posto que non soamente contribuímos a extinguir un incendio en caso de que sexa necesario senón tamén a previlo, que é algo máis importante. Sempre digo que máis vale previr que lamentar e polo tanto manter as franxas de seguridade libres de maleza sempre é importante, sobre todo en caso de ter un incendio forestal. Na nosa zona non é moi común que haxa incendios forestais, pero hai uns días víamos como aquí ao lado, no concello de Ribadeo, un foco de lume chegou incluso preto das vivendas. Polo tanto é moi importante que non soamente dende os concellos senón que a xente se sensibilice e faga por ter esas franxas de seguridade dentro das súas propiedades privadas limpas de matogueira para que despois non haxa que lamentar danos maiores”.
Emma Álvarez tamén destacou que “é importante poder contratar oito persoas, que neste momento están no paro, para facer estes labores. É unha pena que estes contratos soamente duren tres meses e non poidan ser por máis tempo”.





















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



