Burela, 23 de xullo de 2013.- No Concello está xa o proxecto de construción da nova escola infantil de Burela e a solicitude de concesión da correspondente licenza de obra. A instalación terá 41 prazas, estará situada nun solar de 2.200 metros cadrados e ocupará unha superficie de 400 metros cadrados. O vindeiro luns, 28 de xullo, terá lugar a sinatura da acta de ocupación cos donos do solar e ao día seguinte haberá unha sesión extraordinaria da xunta de goberno local para concederlle a licenza de obra. O alcalde, José Mª González Barcia, amósase moi satisfeito de ir cumprindo pouco a pouco cos compromisos adquiridos con Burela.
O rexedor explicou que “no día de onte chegou ao Concello o proxecto de obra da que será a segunda escola infantil de Burela. Como se sabe, isto era un proxecto que nós tiñamos en mente desde que chegamos ao goberno municipal, comprometémonos no seu día a que Burela ía contar cunha nova escola infantil e pouco a pouco imos pechando ese círculo e cumprindo ese compromiso adquirido”.
González Barcia dixo que “a nova escola infantil terá, como se sabe, 41 prazas. Estará situada nun solar de 2.200 metros cadrados e a superficie que ocupará a gardería será practicamente de 400 metros cadrados. O edificio ten unha única planta, na que hai un porche de 92 metros cadrados, ten tamén un semisótano de 35,15 metros cadrados e ao seu carón haberá un porche cuberto de 62,67 metros cadrados. Contará con tres aulas: unha para nen@s de 0 a 1 anos, outra para nen@s de 1 a 2 anos e outra para nen@s de 2 a 3 anos. Tamén disporá dunha aula de carácter mixto, dunha sala de usos múltiples de 54 metros cadrados metros cadrados, de comedor, de sala de aseo, de cociña, de despensa, de lavandería e demais dependencias obrigatorias segundo a lexislación vixente dentro dunha instalación coma esta”.
O alcalde subliñou que “o vindeiro luns, 28 de xullo, procederemos a firmar a acta de ocupación cos donos, ata o momento, do solar onde se ubicará a nova escola infantil. E o día 29 celebraremos unha sesión extraordinaria da xunta de goberno local para concederlle a licenza de obra ao Consorcio de Servizos Sociais, xa que xunto co proxecto a administración autonómica ven de remitir a solicitude de concesión de licenza de obra. O Concello a finais deste mes comunicaralle á Xunta de Galicia todas estas cuestións de carácter administrativo para que a administración autonómica poña en marcha a construción desta segunda escola infantil de Burela”.
José Mª González Barcia indicou que “nós asumimos no seu día dotar a Burela dunha nova escola infantil. A actual gardería está a tope de ocupación, ten 120 prazas e todas estas cubertas. Ademais hai lista de espera, que este ano é de 21 nen@s. Hai pais e nais que non pre matriculan aos seus fill@s na escola infantil de Burela porque saben que poden quedar fora e evitan esa posibilidade”. O rexedor subliñou que “a poboación de Burela segue a medrar, Burela segue a ser un dos Concellos coa media de idade máis baixa e ao seguir medrando é lóxico que o equipo de goberno pense en ampliar os servizos xa existentes. A ninguén se lle escapa tampouco a conciliación da vida familiar e laboral, cunha nova gardería 41 familias poderán deixar aos seus fillos nunha escola infantil pública, e poderán traballar e conciliar a vida laboral e familiar. Deste xeito asentamos poboación en Burela, os cidadáns buscamos para vivir aqueles sitios onde máis comodidades e máis servizos podemos ter”.
González Barcia recalcou que “con este novo servizo Burela converterase nun dos poucos concellos que conta con dúas escolas infantís públicas, dependentes da Xunta. E ao mesmo tempo que asentamos poboación xeramos postos de traballo, e xeramos postos de traballo con esta nova escola infantil durante a súa construción, que durará uns 7 ou 8 meses, e despois da súa posta en funcionamento porque terá que haber persoal cualificado para atender a eses 41 nenos e nenas que van usar a nova escola infantil do noso concello”.
O alcalde de Burela agarda e confía en que durante o mes de setembro poidan dar comezo as obras: “e así deste xeito que a xente vexa cos seus propios ollos que aquilo que prometemos no seu día non era unha promesa electoral, non era un acto máis de campaña, senón un compromiso serio e rigoroso adquirido con Burela e que o estamos a cumprir. Nós sabemos como se fan as garderías, porque cando gobernamos na etapa anterior fixemos a primeira fase da actual gardería e tamén a segunda fase desa instalación, que me tocou rematar a min. Cando estivemos na oposición pedímoslle ao bipartito burelés reiteradamente que puxera a disposición da Xunta un solar para facer unha escola infantil como deus manda. O bipartito, co seu alcalde á cabeza, negouse e optaron por non facer xestións para dotar a Burela dun servizo que é fundamental e que estamos completamente seguros de que os cidadáns de Burela van agradecer”.

























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



