Ribadeo, 24 de xullo de 2014. O libro turístico A praia das Catedrais e as súas contornas, que xa se atopa a venda, foi presentado este mércores no Parador de Turismo de Ribadeo. Ao acto acudiron responsables políticos de diferentes administracións, coma a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, o secretario da Mesa do Parlamento de Galicia, José Manuel Balseiro, vicepresidente primeiro da Deputación Antonio Veiga, a vicepresidenta segunda Lara Méndez, o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfonso Fuente, e a alcaldesa en funcións de Ribadeo Mari Luz Álvarez Lastra, entre outros.
Os autores do libro, os xornalistas Beni Mántaras e Carmen Cruzado, destacaron que “o percorrido deste libro empeza na praia das Catedrais, porque actualmente é o buque insignia do turismo nesta zona e porque é un magnífico reclamo para que as persoas que nos visitan se interesen por esta publicación e descubran nela que Ribadeo, toda A Mariña, e as zonas centro e sur da provincia, teñen moitos atractivos nunha gran cantidade de lugares que merece a pena ver.” Os xornalistas puntualizaron que “a pesar desto, esta publicación non é só para turistas. É tamén para os que vivimos aquí todo o ano e para os que teñen na provincia de Lugo a súa segunda residencia, que cada vez son máis, porque seguro que unha gran parte desas persoas nunca foron a moitos deses lugares tan interesantes que temos moi cerca. E boa proba disto é que nós mesmos non estiveramos nunca nalgúns dos sitios que aparecen no libro e quedamos gratamente sorprendidos cando os visitamos para elaborar este traballo”.
A alcaldesa en funcións de Ribadeo, Mari Luz Álvarez Lastra, foi a primeira responsable política en dedicar unhas palabras aos autores na presentación do libro. Lastra agradeceu o traballo aos xornalistas “por plasmar en papel escrito algo que vai a ser moi valioso. Acabamos de recibir un galardón na praia das Catedrais e eu estou moi orgullosa de que esta guía poida servir para que as persoas que visiten A Mariña Lucense e toda a provincia saiban qué visitar, cales son as cousas máis emblemáticas, e sobre todo, que poidan velo tamén en imaxes. Eu creo que as imaxes ás veces din moito máis que as palabras, e que todo este traballo quede recollido en documentos, é fundamental.” Lastra engadiu que “dende o Concello de Ribadeo estamos moi orgullosos de ser quen faga de fío condutor, utilizando a nosa praia de Augas Santas, para que sirva de emblema e motor para sacar esta edición, e dar valor a toda A Mariña, e a provincia de Lugo en xeral”.
O presidente da Mancomunidade de Municipios, Alfonso Fuente, destacou que “este traballo era necesario e A Mariña necesitaba unha guía coma esta, que englobase todos os paraxes que hai aquí”. Fuente afirmou que “cando se fala de turismo, non se pode considerar ningún concello por separado. É verdade que Ribadeo ten un gran atractivo con As Catedrais como emblema da Mariña e de toda Galicia. E en base a iso, eu creo que aínda que esta guía se puidese chamar A provincia de Lugo, creo que é máis acertado poñerlle este título de As Catedrais e as súas contornas, porque o van a identificar moito máis dende calquera sitio”.
Dende a Deputación de Lugo, o seu vicepresidente primeiro, Antonio Veiga, desexou “a máxima difusión desta publicación e de todo o que se recolle nela, eu faría fincapé no esforzo que se está a facer para que a Ribeira Sacra sexa declarada Patrimonio da Humanidade coma xa foi declarada a Muralla de Lugo. E para que se complete a triloxía, desexar tamén que a praia das Catedrais sexa declarada parque natural para preservala e para que se manteña no tempo e sexa unha fonte de ingresos para toda A Mariña”. Pola súa banda, a vicepresidenta segunda da institución provincial, Lara Méndez, engadiu que “non se nos escapa a ninguén que As Catedrais é un referente estatal. Vémolo na cantidade de xente que aquí se concentra, non só en épocas estivais, senón durante todo o ano. Temos que ser capaces de canalizar todo ese fluxo de xente que nos visita para mostrarlles toda a riqueza patrimonial, artística, paisaxística e gastronómica que temos na nosa provincia. Temos que ser capaces de aunar esforzos e que a praia das Catedrais sexa un motor de desenvolvemento socioeconómico na provincia de Lugo. En este libro, non só se fala da Mariña, senón doutras riquezas coma a Ribeira Sacra”.
O acto, que conduciu o xornalista da Cadena Ser en Lugo Paco Nieto, tivo lugar no salón San Roque do Parador de Turismo de Ribadeo e ao mesmo asistiron varios alcaldes da comarca, concelleiros, deputados estatais e persoeiros da vida social e cultural, ademais de veciñ@s de Ribadeo e doutros puntos da Mariña. Beni Mántaras e Carmen Cruzado agradecen “a grande asistencia de público á presentación do libro. O salón quedou pequeno para acoller a tod@s os que nos quixeron acompañar na tarde onte, algo polo que estamos moi agradecidos”.
Os asistentes disfrutaron dun viño na terraza do Parador e asistiron a unha actuación do Bruxo Queiman e Andrea Pousa, que chegados desde Vigo e dan man da Fundación Herederos de la Mar, quixeron presentarse na comarca da Mariña, tras os éxitos acadados nos últimos meses en Portugal e noutras cidades da xeografía galega.
O libro A praia das Catedrais e as súas contornas púxose á venda a pasada semana e está dispoñible en distintas librarías e establecementos hostaleiros da Mariña e da capital da provincia.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



