Entre os anos 1906 a 1908 en que foi trasladado a Carril, na ría de Arousa, residíu en Foz, no cargo de Administrador de Aduanas Camilo Cela, escritor e xornalista, pai do Nóbel de Literatura Camilo José. A estadía daquél na vila focega coincidiu coa de outros dous intelectuais: o mindoniense Antón Noriega Varela, eximio poeta, mestre na Escola de Fondós e o viveirés Antón Vilar Ponte, boticario, escritor e xornalista; político cuxos anceios nacionalistas agromaran en Foz, según propia confesión, e que anos mais tarde, co seu irmán Ramón, foron os principais impulsores das históricas Irmandades da Fala. Da convivencia entre os tres homes de letras xurdeo a publicación do que foi o primeiro xornal editado en Foz: “¡Guau,,Guau!” polo que Camilo José Cela, o fillo, interesouse alá polos anos sesenta e do que, que saibamos, só existía unha colección, incompleta. O autor de “La familia de Pascual Duarte”, “La Colmena”, “Mazurca para dos muertos”, “Del Miño al Bidasoa” e outras famosas novelas, dirixíuse ó propietario da mesma ofrecéndolle por ela as súas obras completas, adicadas. Non houbo acordo e o trato non se consumou. Tempo mais tarde e dende a Peña O Lar, remesouse ó escritor de Iria Flavia, entón residente en Palma de Mallorca, fotocopiada, a colección completa do”¡Guau, Guau!”. O literato acusou recibo da mesma cunhas verbas autógrafas de agradecemento.Hai uns anos a Asociación Cultural A Pomba do Arco tivo a feliz iniciativa de editar o facsimel do xornal, que a poboación apenas coñecía, facilitando o acceso ó mesmo e hoxe figura nos fogares focegos co aprecio do que o seu valor histórico e cultural, e mesmo sentimental, é merecente.
Daniel Hortas, xornalista e escritor, inesquecible amigo, no libro “Y luego Lugo…¿qué?” relata que en xuntanza de galegos en Madrid á que él asistía, o Premio Nobel contou que o único recordo material que conservaba do seu pai, era unha caracola mariña engarzada nun aro de ouro, a través da cal podía escoitarse o bruar do mar de Foz…
Suso Fernández




















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



