Ribadeo, 26 de agosto de 2014.- O pasado fin de semana tiña lugar nas instalacións de Pádel Club Ribadeo o Torneo federado Ouro PadelbyFIT e o Open Adarsa-Siete Pecados con máis de 200 xogadores e xogadoras inscritos entre as categorías absoluta, 2ª e 3ª masculinas, feminina e categoría mixta. Dende o luns 18 ao domingo 24 disputouse este torneo nun ambiente familiar e distendido. O domingo celebráronse as finais e a posterior entrega de trofeos e sorteo de regalos doados polos colaboradores do torneo, cunha grande afluencia de público, ao redor de 300 persoas, atraídos pola presenza de xogadores como Pablo Lijó, Chico Gomes, Ramiro Moyano, David Gutiérrez… habituais do circuíto profesional World Padel Tour.
Segundo comentan dende a organización “centrándonos nos resultados deportivos, cabe destacar que os partidos máis disputados, como non podería ser doutra forma, foron as semifinais e final, onde se viron grandes puntos e saltaron os aplausos do público presente, o cal indica a enorme igualdade e competencia que actualmente se observa nun deporte como é o pádel”.
Por categorías os resultados foron os seguintes:
Absoluta masculina
1º.- Pablo Lijó-Chico Gomes
2º.- Ramiro Moyano – David Gutiérrez
3º.- Jorge Carreño – Gabri García
4º.- Ezequiel Ártico-Jose Portes
2ª Masculina
1º.- Luis Menéndez-Gonzalo Peláez
2º.- Marcelo Gradaílle-Joel García
3º.- Jacobo Gradaílle-David Fernández
3ª Masculina
1º.- Suso Novo-Bravo
2º.- Adrián Fernández-Pablo Valín
3º.- Alberto González-Jose Kuntz
Feminina
1ª.- Ana Lorenzo – Macarena Cornide
2ª.- Irene Ron – Carla Díaz
3ª.- Ana Erades – Isabel Miranda
Mixto
1º.- Irene Ron – Luis Menéndez
2º.- Carla Díaz – Joseba Díaz
3º.- Pilar Delgado – Javier López
A organización do torneo agradece “o fundamental apoio dos patrocinadores, ao numeroso público asistente, así como a todos os xogadores e xogadoras que participaron nesta impresionante semana de pádel”.
O torneo federado OURO Padelbyfit e o OPEN ADARSA SIETE PECADOS foi organizado polo Grupo Adarsa, Siete Pecados e Medias Tintas. E contou coa colaboración de Jim Sports, Acisa Ribadeo, Manualidades Marta, K2 Tenis e Pádel, Federación Galega de Pádel, Xunta de Galicia, Deporte Galego e Concello de Ribadeo.