O concerto de vento metal celebrado este xoves á noite na rúa San Francisco, de Ribadeo, congregou a numeroso público. Foi o terceiro do ciclo Agosto Musical 2014 organizado pola asociación Amadores da Música. Baixo a dirección de Rubén Solloso a sección de vento metal da Banda de Música Municipal de Ribadeo e o quinteto Ribadeo Brass ofreceron un concerto que resultou un éxito, con gran cantidade espectadores que gozaron dun variado repertorio. O ciclo Agosto Musical rematará o vindeiro venres, día 29, con outra actuación ao aire libre. Será no parque de San Francisco ás once da noite e correrá a cargo da Banda de Música Municipal de Ribadeo ao completo, dirixida por David Ballester, que ofrecerá un concerto dedicado a música de cine. Ao mesmo tempo que a Banda interpretará temas pertencentes á bandas sonoras de películas proxectaranse fragmentos deses filmes.
Exitoso concerto de vento metal en Ribadeo
Exitoso concerto de vento metal en Ribadeo
Relacionado
-
IX Reunión de Primavera da SGPF – Pasado, presente e futuro do asesoramento agrario en Ribadeo
-
Para celebrar o Día das Letras Galegas, foi inaugurado este venres o primeiro Buzón de Intercambio de Lectura do Concello de Burela
-
45 alumnxs do IES de Foz graduáronse este mércores nun acto emotivo e divertido