O Concello de Ribadeo fai saber a través dun bando que a unidade móbil da Inspección Técnica de Vehículos levará a cabo unha inspección técnica de ciclomotores, motocicletas e quads na antiga estación de autobuses (ronda da Cárcel) o 4 e o 5 de setembro en horario de 09.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas. A cita poderá concertarse a través da web www.sycitv.com ou no teléfono 902 309 000. Aos vehículos que se presenten sen cita previa asignarase día e hora de atención ao público directamente na estación móbil, segundo a dispoñibilidade do servizo.
ITV para motocicletas en Ribadeo