Lugo, 29 de agosto de 2014.- A Xunta de Goberno Provincial deste venres aprobou o nomeamento de José Luis Lolo Celeiro, como representante da Deputación de Lugo na Fundación Galicia Obra Social. Martínez explicou que, por primeira vez, o organismo lugués ten representación nesta Fundación, logo da modificación dos seus Estatutos, que ofrecen ás 4 Deputacións galegas designar cadaseus patróns; así como ós 7 Concellos de maior poboación na Comunidade; ó Parlamento de Galicia, con 4 patronos máis; á Xunta, con outros 3 representantes, nomeados dende as Consellerías de Facenda, Traballo e Cultura; e 1 designado polos propios traballadores da Fundación. Son 19 patronos que, xunto a outros 9 de ABANCA, suman un total de 28.
Tal e como recollen os Estatutos, os patronos non poden ser persoas que exerzan un cargo por mandato representativo, nin dirixentes políticos ou representantes de organización sindicais e empresariais. Deben ser persoas con coñecementos e experiencia en materias que son obxecto da actividade da Fundación: económica, financeira, xurídica, social, cultural, científica, artística ou educativa.
A Deputación de Lugo nomea a José Luis Lolo Celeiro pola súa ampla traxectoria e vinculación con entidades sen ánimo de lucro no ámbito da asistencia social e integración de colectivos marxinais ou en risco de exclusión. Celeiro forma parte de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade), de Agora (Asociación de Minusválidos da Comarca de Lemos), así como do Grupo Empresarial Galego de Economía Social, cuxo actividade se centra na creación de emprego de calidade para persoas con discapacidade. Foi membro fundador da Federación de Asociación de Persoas con Discapacidade de Lugo, director do Centro de Recursos para a Discapacidade de Fingoi e Secretario de Auxilia Lugo.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



