Burela, 22 de agosto de 2014. O Concello tramita as axudas para o pago de parte da factura eléctrica a través do ticket eléctrico social, segundo recolle o Diario Oficial de Galicia do pasado 4 de agosto. Os interesados pode dirixirse ao departamento dos Servizos Sociais Municipais ata o 4 de novembro.
Segundo explica a concelleira Diana Durán poderán beneficiarse “todas aquelas familias nas que convivan fillos/as menores de 18 anos, e nas cales, a suma dos ingresos totais da unidade de convivencia durante o ano 2013 non superen o IPREM”.
Os requisitos para poder presentar as solicitudes de axudas son os seguintes: ser residente da Comunidade Autónoma de Galicia, ter fillos/as menores a cargo, estar aboando a correspondente factura de enerxía eléctrica a unha comercializadora, non superar os límites de renda establecidos e non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007 do 13 de xuño, de subvencións.
A documentación a entregar polos interesados consistirá na presentación electrónica da solicitude de axuda, xunto a unha copia dixitalizada do DNI en vigor da persoa que realiza o trámite, así coma do resto das persoas integrantes da unidade de convivencia. Ademais, os solicitantes terán que achegar unha autorización dos Servizos Sociais municipais para a presentación electrónica da solicitude e da documentación, unha declaración de que os ingresos de tódolos membros da unidade de convivencia durante o exercicio 2013 non superaron o IPREM, un informe de valoración da situación emitido polos Servizos Sociais Comunitarios Básicos Municipais, unha copia dixitalizada do libro de familia, un certificado de empadroamento do solicitante acreditando os seis primeiros meses do 2014, unha copia do título de familia numerosa se fose o caso, un certificado de convivencia e as facturas emitidas no 2014 en concepto de subministro eléctrico da vivenda xunto ós xustificantes de pagamento. No caso de arrendamento, cando @ arrendatari@ se faga cargo dos gastos de electricidade, achegarase contrato de arrendamento.
Dende o Concello de Burela recordan que o prazo de solicitude estará aberto ata o vindeiro 4 de novembro. As persoas interesadas deberán dirixirse aos Servizos Sociais Municipais, sitos na Casa do Concello de luns a venres en horario de 08.00 a 15.00 horas.






















A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.



