Ribadeo, 28 de agosto de 2014.- O Grupo de apoio a AGE de Ribadeo sobre a súa alegación ao Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Conxunto Histórico de Ribadeo.
Tendo constancia da existencia de graves erros na documentación do PEPRICH de Ribadeo elaborado pola empresa EPTISA, o Grupo de apoio a AGE de Ribadeo presentou o pasado mes unha alegación nas oficinas do Concello.
Na mesma se describen erros tan importantes como que edificios construídos fai máis de dez anos non aparecen nos planos, que tampouco reflicten varias obras e reformas finalizadas, presentan erros nas alineacións de rúas e mesmo na representación de edificios tan emblemáticos como a Torre dos Moreno ou o propio Pazo de Ibáñez, sede da Casa do Concello.
Estes erros, lonxe de ser anecdóticos, poden traer graves prexuízos para os veciños, problemas administrativos á hora de concesión de licenzas, operacións de compra-venta e outras, xunto con demoras e gastos innecesarios.
Por todo iso, desde o Grupo de Apoio a AGE solicítase a devolución da documentación á empresa redactora para a súa corrección, e ao tempo a retención de calquera pagamento que deba facerse en tanto a mesma non teña lugar.
Texto completo da alegación presentada
Sr. Alcalde do Concello de Ribadeo
O Grupo de Apoio á Alternativa Galega de Esquerdas de Ribadeo presenta a seguinte ALEGACION ou SUXERENCIA ao PEPRICH de Ribadeo sometido a exposición pública entre o 9 de Maio e o 9 de Xullo.
1.- Tendo en conta que varias persoas afectadas polo devandito PEPRICH recibiron as notificacions personais do Concello en dias recentes, entendemos que para ditas persoas o prazo de exposición debe completar os dous meses dende a recepción da comunicación.
2.- Dado que esta petición non vai causar nengún retraso nen trastorno administrativo solicitamos que esta alegación sexa admitida a trámite dentro do prazo aplicable aos devanditos veciños.
3.- Diante dos graves erros detectados no documento do PEPRICH aprobado inicialmente polo Concello de Ribadeo, que afectan de xeito xeralizado a numerosos aspectos dos que suliñaremos a falla dalgúns edificios construidos hai mais de dez anos, ampliacions e reformas, erros nas alineacions, e mesmo na Torre de Os Moreno e na casa do Concello de Ribadeo e sendo coñecedores de que estes erros son unha mínima parte dos que realmente existen no proxecto e con toda seguridade son descoñocidos pola gran maioría dos veciños, propoñemos que o expediente sexa devolto á empresa redactora para que corrixa urxentemente os erros que son da sua única responsabilidade e o plan sexa sometido a un novo periodo de exposición pública no prazo mais breve posible.
4.- Entendemos que no caso de non correxir agora estes erros por parte da empresa redactora, como dixemos antes moitos deles descoñecidos polos afectados, poden darse unha serie de situacions gravemente lesivas para os veciños, problemas administrativos á hora de concesión de licenzas, operacións de compra-venta e outras, xunto con retrasos e gastos innecesarios.
5.- Dado que a gran maioría dos erros son responsabilidade da empresa redactora, sen entrar agora en nengún tipo de valoracións, entendemos que amosa unha actitude absolutamente incompresibel e propoñemos que se aplace ou conxele calquer pago que haxa pendente no momento actual.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



