Ribadeo, 29 de agosto de 2014.- O alcalde, Fernando Suárez, pídelle á Xunta que corrixa canto antes o convenio de colaboración para a construción da residencia de maiores, que ambas administracións van asinar, e que ese acto se celebre canto antes. Onte reuniuse a comisión, da que forman parte a plataforma veciñal e todos os partidos con representación no Concello, e acordou unanimemente enviarlle unha resposta á Consellería de Traballo e Benestar.
O rexedor sinalou que “nesta resposta asinada por tódolos portavoces municipais, así coma polos representantes das asociacións de veciños, o que vimos indicarlle é unha serie de puntualizacións a esta proposta que nos mandou, con certo retraso, a Xunta de Galicia, como todo o que está facendo con esta residencia de Ribadeo. Parece que todo o que ven facendo é dunha maneira arrastrada polas iniciativas que vai tomando sempre por diante o Concello de Ribadeo. Pero en todo caso, dámoslle a benvida, aínda que chega un pouco tarde”.
Suárez Barcia aludiu “a este financiamento bastante pírrico comprometido pola Xunta, de 500.000 euros, para unha infraestrutura que vai a custar 2.500.000 euros. Hai que ter en conta que a Deputación Provincial de Lugo está a asumir practicamente 2.000.000 de euros. E o resto, que era o que queríamos que fose a Xunta quen o asumira, parece que agora nos pon unha serie de inconvenientes que non queremos nós mal pensar que no lo quere facer adrede, para poñernos tantos obstáculos para ao final non acabar poñendo diñeiro. Preferimos pensar que ese borrador que nos foi enviado contiña erros, que son de vulto e así llelo indicamos”.
O alcalde ribadense dixo que “si nos establecen unhas leis, as leis teñen que lerse non parcialmente, senón na súa totalidade. Por exemplo, cando nos piden autorizacións autonómicas, esas autorizacións que temos que aportar, xa foron outorgadas pola propia Xunta de Galicia fai uns meses; cando nos indican que se queremos levar a xestión polo menos durante cinco anos, temos que aclararlles que non é intención do Concello levar isto por cinco anos, senón durante toda a vida, sempre que isto sexa legalmente posible. Porque unha lei do Estado aprobada hai uns meses indica que as competencias en materia de Servizos Sociais corresponden á comunidade autónoma. Polo tanto, pode ser posible que unha vez se acabe a construción desta residencia, deba a Xunta de Galicia facerse cargo dela. Algo que non nos gustaría, pero a lei establece así o establece. Aínda que tamén o poderíamos levar ao Concello se a Xunta nese momento quere, pero sempre que veña acompañada a decisión dun financiamento, tal e coma indica a lei estatal e autonómica”.
Na resposta que a comisión, por unanimidade, asinou nas últimas horas para remitirlle á Consellería de Traballo e Benestar “o que lles estamos indicando é que nos corrixan estas deficiencias, dado que senón sería un convenio absolutamente ilegal porque iría contra a lei e porque por un principio de xerarquía normativa, os convenios son normas inferiores ao rango de decretos, regulamentos e leis, polo que non poderían ser firmados porque serían manifestamente ilegal”. Suárez Barcia engadiu: “convidamos á Xunta de Galicia a que corrixa isto canto antes e pedímoslle que por favor se sume ao carro, porque non queremos que dea a sensación de que nos está a tratar a nós de maneira diferente a outros concellos ben achegados a nós. A min ás veces provócame certa hilaridade ver coma a Xunta licita o 100% das obras dunha residencia, e posteriormente, unha vez adxudicadas as obras, o Concello ben achegado a nós fai cesión dos terreos. É coma se eu fose ao banco, me desen a hipoteca primeiro, e despois de darme a hipoteca intento buscar un piso que me gustase para compralo. Sería o mundo ao revés e paréceme que nese mundo é no que se está a mover a Xunta. Confiamos en que sexa un erro e corrixan inmediatamente o articulado deste convenio para adaptalo á legalidade e poder firmalo o antes posible”.





















A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.



