Burela, 8 de setembro de 2014.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria investirá máis de 120.000 euros na renovación da cuberta e outras actuacións de mellora e reparación de danos incluído pintado de aulas do CEIP Plurilingüe Vista Alegre, no concello mariñán de Burela.
Así o salientou este luns o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia, Xesús Vázquez Abad, durante a visita realizada ao centro para comprobar o avance das obras, ás que se comprometera o pasado mes de febreiro, e que supoñen un importante esforzo económico. Neste sentido o conselleiro aproveitou para transmitir á comunidade escolar que os traballos se van compatibilizar co horario lectivo de tal forma que se poida continuar coas clases con total normalidade, “garantindo ao mesmo tempo total seguridade para alumnado, docentes e persoal do centro, que accederán temporalmente pola entrada posterior do CEIP”, dixo.
Durante o seu percorrido polo centro o conselleiro estivo acompañado polo secretario xeral técnico da consellería Jesús Oitavén Barcala pola delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias; polo alcalde de Burela, José González; e pola directora do centro, Gema Cillero.
Corrección de danos e humidades
A actuación sobre a cuberta, xa iniciada, consiste na corrección dos danos na mesma, substituíndo o material actual por panel sandwich, e instalando elementos de protección nos remates do aleiro do porche na fachada principal. Así mesmo, mudarase a impermeabilización da terraza en planta primeira e realizaranse traballos de limpeza, eliminación de mohos, reparación de revestimentos e pintado de paramentos en aulas, así como de arranxo das humidades provocadas pola instalación de fontanería.
“Deste xeito, elevamos o investimento da Consellería neste centro desde 2009 a máis de 215.000 euros”, sinalou Vázquez Abad, lembrando que en anos anteriores “se realizaron reformas nos aseos de infantil e máis na instalación eléctrica, así como reparacións varias para dar resposta ás demandas da comunidade educativa”. O conselleiro quixo aproveitar a súa visita para felicitar ao centro pola súa implicación nos diferentes programas innovadores que desenvolve o seu departamento. “De feito, contan con 4 aulas Abalar e mais unha aula dixital, participan no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares e son centro plurilingüe desde o curso 2010/2011, o primeiro de funcionamento deste programa en Galicia”, salientou.
CEIP Santa María do Valadouro
Vázquez Abad visitou tamén este luns o CEIP Santa María do Valadouro, onde se está a rematar o cambio da cuberta. “Neste caso –explicou- os traballos consistiron en mudar a tella por unha nova de panel sandwich naqueles módulos nos que se atopaba danada a cubrición, en total preto de 1.000 metros cadrados totalmente novos”.
O conselleiro lembrou ademais que estas obras se suman ás xa realizadas en anos anteriores para a substitución de luminarias, canalóns, baixantes, a cheminea da caldeira e de parte das fiestras do centro. “Falamos, polo tanto, dun investimento total de preto de 150.000 euros, tanto en obras como na implantación do proxecto Abalar en dúas aulas e en axudas para a biblioteca a través do PLAMBE”.
“Con estas actuacións a Xunta de Galicia demostra que está a escoitar á comunidade educativa e que está comprometida coa mellora das instalacións dos centros escolares, que vai executando na medida en que as circunstancias económicas o van permitindo”, sinalou Xesús Vázquez.
Tamén cómpre sinalar que o secretario xeral técnico, Jesús Oitavén e o director xeral de centros e recursos humanos, José Manuel Pinal, reuníronse esta mañá cos alcaldes, o equipo directivo e a ANPA do IES Alfoz de Valadouro, para explicarlles a dotación de profesorado do centro. Ademais o propio conselleiro atendeu ás preguntas dos pais durante a súa visita ao Valadouro.



















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



