O próximo venres 12 de setembro terá lugar, ás 21.00h no Cine-Teatro de Ribadeo, o IV CONCERTO MÚSICAS E LETRAS EN FEMININO. O evento, que xa vai pola súa cuarta edición e que se está a consolidar como unha das citas culturais anuais máis agardada nesta época do ano na Mariña, segue apostando pola promoción da creación artística das mulleres galegas.
Se nas pasadas edicións, celebradas en Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro, contouse con grandes da música galega como Ugia Pedreira, Uxía e Sés respectivamente, para este IV concerto teremos a sorte de voler ver sobre o escenario a dúas das artistas coas que contamos en anteriores edicións: UGIA PEDREIRA e SÉS. O evento será tamén unha das últimas oportunidades de ver en directo á mariñá Ugia Pedreira, que anunciou que se despide dos escenarios despois do verán.
Ademais de Ugia Pedreira e Sés, entre as actuacións musicais haberá tempo neste IV Músicas e Letras en Feminino para un recital poético a cargo de alumnas do IES Dionisio Gamallo Fierros de Ribadeo, que lerán diferentes textos de poetas galegas e mariñás.
Dende o Observatorio da Mariña pola Igualdade seguimos a apostar, con este tipo de actividades, por valorar e visibilizar a creación artística das nosas mulleres. Con esta cuarta edición o MÚSICA E LETRAS EN FEMININO consolídase como evento cultural feminista de referencia, cun formato innovador e cunha sede fixa, A Mariña, na que cada ano unha das vilas se converte tamén en protagonista.
O prezo xeral do bono-axuda-entrada será de 5 euros e ante o número de chamadas e mensaxes recibidos estes días preguntando polos mesmos, sobre todo de xente de fóra da Mariña que quere achegarse ao concerto, o Observatorio decidiu facer reserva de entradas unicamente a través do mail observatorioigualdade@gmail.com até o propio venres 12 ás 12h. Ademáis, o propio día do concerto tamén se poderán adquirir bono-axuda-entrada na propia billeteira desde unha hora antes do concerto.
Colaboran a Deputación de Lugo (área de Cultura) e o Concello de Ribadeo.




















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



