Xa está aberto o prazo para inscribirse nos obradoiros de tempo libre organizados pola Concellería de Servizos Sociais do Concello de Xove. O lugar de inscrición será a Oficina de Información Xuvenil (OMIX) ata o xoves 25 de setembro.
En concreto, para este curso 2014-2015, a Concellería de Servizos Sociais orgnaniza obradoiros de BOLILLOS, BORDADO, IOGA E BAILES DE SALÓN. Unha vez rematada a inscrición, até o 25 de setembro, convocarase unha xuntanza para realizar a coordinación destes obradoiros, coa elección de horarios e outras cuestións.
Noutra orde de asuntos, dende a Concellería de Servizos Sociais recórdase que dende a OMIX de Xove se poden solicitar as BECAS AO ESTUDIO do MEC (Ministerio de Educación e Cultura) e da Xunta.