O Burela Pescados Rubén saldou os seus partidos de presentación en Vista Alegre cunha dobre vitoria e rendeu homenaxe ao eterno capitán laranxa que se despediu da súa afección desde a pista. Juanma disputou os primeiros minutos do duelo ante o Santiago Futsal, no minuto catro parouse o encontro para homenaxear ao ´Mariskal´´. A grada de Vista Alegre púxose en pé para aplaudir a Juanma que recibiu senllas placas do club e o Comité Técnico de Árbitros. O dorsal número 8 do capitán laranxa será retirado en recoñecemento á súa traxectoria e compromiso.
A primeira sesión da tarde a protagonizarona o Burela Pescados Rubén e o Viaxes Amarelle que finalizou con vitoria local por 2-1 con goles de Claudia e Shiori, debutante no día de onte. A escuadra de Quico Otero puido lograr unha vitoria máis ampla pero a falta de definición propiciou que as coruñesas, que marcaron no último minuto, chegasen ao tramo final con opcións de empate. Regresaron a Vista Alegre co Amarelle Dolo e Lidia; ex-capitás da escuadra burelesa. Peque. A xogadora laranxa non participou no choque debido á súa lesión; esguince do ligamento lateral interno do xeonllo esquerdo. Por este motivo e por indicación dos servizos médicos do club, Peque non asisitirá á Gala do Fútbol Sala Nacional da RFEF que se celebra o día 6 de setembro en Madrid. Seus pais acudirán na súa representación para recoller o trofeo de pichichi de Primeira División da tempada 2013/2014.
Na segunda sesión, a escuadra dirixida por Juanlu Alonso impúxose por 5-3 ao Santiago Futsal nun partido intenso no que os bureleses foron de menos a máis. Ao descanso chegouse con empate a un tanto e na continuación os mariñanos lograron impoñer o seu xogo para vencer con xustiza, con goles de Isi e hat-trick de Matamoros, a un Santiago competitivo pero mermado polas ausencias.






















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
