O Burela Pescados Rubén inicia a liga reeditando un duelo ante o Atlético de Madrid que se converteu no clásico da Primeira División. A primeira xornada da competición deparou este choque de trens entre o actual campión e o conxunto mariñano que aspira á reconquista do título. O escenario do partido será o polideportivo municipal da Estación de Navalcarnero e o duelo celébrase o sábado día 13, a partir das 16.00 horas.
O Burela Pescados Rubén acode a este desafío mermado polas baixas de Jozi, Patri e Peque aínda que contará coa incorporación de Sandra Rodríguez, porteira de 16 anos que chega ás filas laranxas procedente do CD Adarve de Lugo. Respecto diso, o adestrador burelés indicou que “somos conscientes das importantes baixas que temos pero imos coa ilusión de competir para gañar os tres puntos e empezar cunha alegría a competición. Estes partidos son sempre moi bonitos e emocionantes para xogar. Sandra respondeu moi ben nos adestramentos e ten un gran capacidade de asimilación, confiamos plenamente en ela”. Do actual campión de Liga dixo que “malia a importante baixa de Anita Luján é un gran equipo que soubo cubrir a súa marcha coas incorporaciones de Ariane e Marta”. Quico Otero sinalou como unha das claves do partido “a concentración e a boa lectura do encontro. Son duelos moi axustados e os detalles decantan o devir do mesmo. É vital non cometer erros xa que o Atlético sempre está á espreita para sacarlles rendemento”.
Convocatoria
Burela Pescados Rubén: 3. Cristina, 5. Claudia, 9. Gaby, 10. Lara, 11. Kiko, 14. Bea Mateos, 17. Maite, 18. Shiori, 19. Paula, 20. Tainã, 28. Sandra.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
